A Copa dos Pireneos (en francés: Coupe des Pyrénées) foi unha competición internacional organizada pola Federación Francesa de Fútbol entre 1910 e 1914, na que participaban os clubs profesionais das rexións limítrofes cos Pireneos: Cataluña, País Vasco, Languedoc, Mediodía-Pireneos e Aquitania.
Foi unha das primeiras competicións a nivel internacional que houbo en Europa. A fase final disputábase cada ano nunha sede diferente. O gran dominador da Copa dos Pireneos foi o FC Barcelona, que gañou as catro primeiras edicións. A quinta edición venceuna o FC Espanya, tamén da cidade de Barcelona. A competición deixou de celebrarse logo da quinta edición, en 1914, a causa do estalido da primeira guerra mundial.
Historial de finais Ano Sede Campión Subcampión Resultado 1910 Sète 20px|Bandeira de España FC Barcelona 20px|Bandeira de España Real Sociedad 2-1 1911 Tolosa 20px|Bandeira de España FC Barcelona Gars de Bordeos 4-0 1912 Tolosa 20px|Bandeira de España FC Barcelona Stades Bordelais Univ. Club 5-3 1913 Barcelona 20px|Bandeira de España FC Barcelona Comète Simot 7-2 1914 Barcelona 20px|Bandeira de España FC Espanya 20px|Bandeira de España FC Barcelona 5-2
Palmarés EquipoTítulos20px|Bandeira de España FC Barcelona420px|Bandeira de España FC Espanya1
Notas
Pireneos