Bhaskara 1 foi un satélite artificial da India lanzado o 7 de xuño de 1979 mediante un foguete ruso Kosmos 3M desde Kapustin Yar.
Características Bhaskara 1, chamado así en honor ós matemáticos indios Bhaskara I e Bhaskara II, foi o segundo satélite artificial da India. Estivo adicado á observación dos recursos terrestres e en particular ás áreas de hidroloxía, a silvicultura e a xeoloxía mediante un sistema de cámaras de televisión de dúas bandas. Estudou tamén os océanos cun radiómetro microondas de dúas frecuencias (SAMIR, polas siglas en inglés).
Como obxectivos secundarios, Bhaskara 1 levaba a bordo experimentos relacionados con sistemas de procesamento e xestión de datos e para a recolección limitada de datos meteorolóxicos de estacións remotas, así como astronomía de raios X.
O satélite tiña forma de poliedro de 26 caras, cunha altura de 1,66 m e un diámetro de 1,55 m. Tras cumprir a súa misión foi apagado en marzo de 1981. Reentrou na atmosfera o 17 de febreiro de 1989.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bhaskara 2 Bhaskara I Bhaskara II
Categoría:Satélites artificiais Categoría:India