Acontecementos América 27 de febreiro - Santo Domingo declara a súa independencia a respecto de Haití. A antiga illa caribeña de La Española, fica dividida en dous estados. O Brasil recoñece a independencia de Paraguai.
Asia 3 de xullo - Acordo comercial entre a China e os Estados Unidos.
Europa 8 de marzo - Iníciase o reinado de Óscar I de Suecia e de Noruega (até 1859). 16 de marzo - Grecia adopta unha Constitución con Parlamento bicameral e réxime monárquico constitucional. 28 de marzo - Creación da Garda civil en España. 3 de maio - Goberno de Ramón María Narváez y Campos en España. 6 de xuño - Tropas prusianas reprimen a insurrección dos teceláns da Silesia. 28 de agosto - Rencontro entre Karl Marx e Friedrich Engels en París.
Arte e cultura Joseph Mallord William Turner realiza o cadro "Chuvia, vapor e velocidade".
Ciencia e tecnoloxía 24 de maio - O inventor norteamericano Samuel Morse une por telégrafo Washington e Baltimore. 3 de xuño - Extínguese o gran pingüín. 15 de xuño - Charles Goodyear acelera a vulcanización do caucho. O químico Karl Klaus descobre, en Rusia, un novo elemento químico, o rutenio.
Nacementos 1 de febreiro - Manuel Vázquez Castro, xornalista e escritor galego (m. 1885). 30 de marzo - Paul Verlaine, poeta francés (m. 1896) (n. 1896). 16 de abril - Anatole France, escritor francés, Premio Nobel de Literatura (n. 1924). 26 de agosto - Celso García de la Riega, publicista e historiador galego (m. 1914). 29 de setembro - Miguel Juárez Celman, presidente da Arxentina (m. 1909). 30 de setembro - Xosé María Chao Ledo, sacerdote e poeta galego (m. 1894). 15 de outubro - Friedrich Nietzsche, filósofo alemán (n. 1900). 27 de outubro - Klas Pontus Arnoldson, escritor e pacifista sueco, Premio Nobel da Paz (m. 1916). 18 de decembro - Ludwig Joseph Brentano, economista e reformador social alemán (m. 1931).
Mortes 24 de marzo - Bertel Thorvaldsen, escultor neoclásico dinamarqués (n. 1770). 27 de xullo - John Dalton, químico inglés. 30 de agosto - Francis Baily, astrónomo inglés (n. 1774).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1844