Tic Tac Producciones é unha produtora galega independente fundada o ano 2006 por Fernanda del Nido. O seu principal obxectivo é desenvolver e producir longametraxes de ficción e documentais, especialmente mediante coproducións entre Latinoamérica e Europa. Entre as súas produción destacan 18 comidas (2010), dirixida por Jorge Coira e coproducida por Lagarto Cine (Arxentina) e ZircoZine (Galicia), e Tralas luces (2011), documental dirixido por Sandra Sánchez e coproducida por Ukbar Filmes (Portugal) e Lagarto Cine, que acadou os premios á mellor longametraxe documental, á mellor dirección e á mellor montaxe na 10ª edición dos Premios Mestre Mateo 2011.
Véxase tamén Outros artigos Fernanda del Nido Premios Mestre Mateo 2011 Tralas luces Sandra Sánchez
Ligazóns externas Páxina web de Tic Tac Producciones Páxina web de AGAPI
Categoría:Produtoras de cinema de Galicia