Pimpinela é un dúo musical arxentino composto polos irmáns Lucía (nada o 23 de maio de 1961) e Joaquín Galán (nado o 21 de xullo de 1956).
Traxectoria Pimpinela editou 22 discos polos que acadaron 85 discos de ouro, platino e diamante. No 2001 tiñan vendidas 18 millóns de copias e no 2012 (11 anos despois) superaron os 25 millóns en todo o mundo. Os seus temas teñen versións en inglés, italiano e portugués. O seu recoñecemento nacional e internacional ó longo de toda a súa traxectoria fixo que se tornasen moi coñecidos en toda América Latina, Europa, os Estados Unidos, Canadá e mesmo Marrocos.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Pimpinela
Categoría:Grupos musicais da Arxentina Categoría:Grupos musicais formados en 1981 Categoría:Grupos musicais de pop