A bandeira do Sáhara Occidental é a mesma que utilizou a Fronte Polisario dende 1973 na súa loita contra a colonización española, e está baseada no deseño da bandeira da rebelión árabe fronte ao Imperio Otomán que tivo lugar durante a primeira guerra mundial. A bandeira consiste en tres franxas horizontais do mesmo tamaño (negro, branco e verde), unidas cun triángulo vermello situado no bordo máis próximo ó mastro; ademais, ten o engadido da media lúa e a estrela vermellas no centro da bandeira, símbolo utilizado noutros países magrebís.

Véxase tamén

Outros artigos Escudo do Sáhara Occidental Ligazóns externas Bandeira do Sáhara Occidental en Flags of the World

Categoría:Bandeiras de estados non recoñecidos Categoría:Sáhara Occidental Categoría:Bandeiras nacionais