Bion 10, tamén coñecido como Kosmos 2229, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 29 de decembro de 1993 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Bion 10 foi o décimo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 397 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.

Bion 10 levaba bordo dous monos e varios insectos, anfibios, plantas e cultivos celulares obxecto de experimentos deseñados por científicos de nove países e da ESA.

A cápsula regresou o 10 de xaneiro de 1993, tras 12 días de voo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 3 Bion 4 Bion 5 Bion 6 Bion 7 Bion 8 Bion 9 Bion 11

Categoría:Bion