Medáns é un lugar da parroquia de Setados, no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 tiña 10 habitantes (6 homes e 4 mulleres).
Neste barrio sitúase a capela de San Manuel, comezo do Camiño dos Frades, ruta que vai ata o Santuario da Franqueira. Outro punto de interese de Medáns é a lagoa das tartarugas, que está relacionada coa lenda das campás de San Xoán, famosa na zona.
Lugares e parroquias Lugares de Setados
Parroquias das Neves
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Neves
Categoría:Lugares das Neves