Sigismondo é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 26 de decembro de 1814, mais non tivo unha grande acollida. Trátase dunha farsa veneciana (ao igual que L'inganno felice, La scala di seta e Il signor Bruschino). Parte da música desta ópera foi empregada por Rossini para varias óperas posteriores: Elisabetta, regina d'Inghilterra, Il barbiere di SivigliaOsborne, Charles, p.44 e Adina.Holden, p. 775

Historia Sigismondo estreouse o 26 de decembro de 1814 no Gran Teatro La Fenice de Venecia, mais non tivo unha grande acollida. A ópera tivo pouca circulación, con representacións en Padua, Cremona e Reggio Emilia (todas elas en 1819), Florence (1820) e Boloña (1827), quedando logo totalmente esquecida. O seu renacemento moderno tivo lugar en Rovigo e Trieste en 1992, cunha xove Sonia Ganassi no papel protagonista.

Esta ópera rara vez é representada na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha única representación no período 2005-10.

Personaxes PresonaxeTesituraElenco na estrea, 26 de decembro de 1814(Director: )Sigismondo, Rei de PoloniacontraltoMarietta MarcoliniLadislao, Primeiro Ministro de PoloniatenorClaudio BonoldiAnagilda, irmá de LadislaosopranoMarianna RossiRadoski, confidente de LadislaobarítonoDomenico BartoliUlderico, King of BohemiabaixoLuciano BianchiAldimira, filla de Ulderico e muller de SigismondosopranoElisabetta Manfredini-GuarmaniZenovito, nobre polonésbaixoLuciano Bianchi

Argumento A escena ten lugar en Gesna, antiga capital de Polonia, e en parte nalgúns bosques e lugares montañosos.

A ópera comeza coa loucura de Sigismondo: teme a vinganza de Ulderico, pai da súa dona Aldimira, que a mandou matar por infidelidade. En realidade Aldimira está viva, e foi vítima dunha trampa traizoeira de Ladislao, quen o inventou todo.

Aldimira reúnese de novo con Sexismundo baixo un nome falso, seducíndoo, pídelle que sexa a súa esposa e ela acepta, mais quere consultar con seu pai que está a piques de atoparse con Sigismondo.

Mentres tanto, Ladislao revela a Ulderico o delito de Aldimira e que non está viva, o que provoca o ataque. Sigismondo perde, mais salva a Aldimira da espada de Ladislao.

Revélase o engano e prenden a Ladislao, finalizando felizmente a ópera.

Orquestración A partitura de Rossini prevé a utilización de:

2 frautas (2° tamén piccolo), 2 óboes (tamén corno inglés), 2 clarinetes, 2 fagots 2 trompas, 2 trompetas, trombón timbais, bombo archi Para os recitativos: piano (violoncello e contrabaixo ad libitum)

Gravacións AnoElenco: Sigismondo, Bruno, Aldimira, UldericoDirector,Teatro e orquestraSelo discográfico Recordings of Sigismondo on operadis-opera-discography.org.uk1992 Sonia Ganassi,Bruno Lazzaretti,Rosella Ragatzu,Giacomo Prestia Richard Bonynge,Rovigo Venezze Conservatory Orchestra CD de son: BongiovanniCat: 8.660189-901995 Carmen Oprisanu,??,Tatiana Korovina,Vladimir Prudnikov Marc Andreae,Stuttgarter Kammerorchester and Prague Male Choir(Recorded at the Wildbad Rossini Festival, xullo)CD de son: CROSSROADSCat: CR 0102695

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4 Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3 Osborne, Richard: "Sigismondo" en The New Grove Dictionary of Opera, Stanley Sadie (Ed.). (Londres: MacMillan, 1992) ISBN 0-333-73432-7 Radiciotti, Giuseppe, Gioachino Rossini: vita documentata; opere ed influenze su l'arte, 3 vols. Tivoli: Chicca, 1927-29.

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1814