CANX 2 ou CanX 2, acrónimo de Canadian Advanced Nanospace eXperiments 2, é un satélite artificial canadense lanzado o 28 de abril de 2008 mediante un foguete indio PSLV desde o centro de lanzamento de Sriharikota.
Características A misión de CanX 2, de 7 kg de masa e construído polo Instituto de Estudos Aeroespaciais da Universidade de Toronto, é servir de demostrador de novas tecnoloxías espaciais. Entre outras tecnoloxías, leva a bordo tecnoloxías relacionadas co sistema de propulsión, radiocomunicación, sensores de actitude innovadores e un receptor GPS comercial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CANX 1 CANX 6
Ligazóns externas Páxina de CanX 2 no Instituto de Estudos Aeroespaciais da Universidade de Toronto
Categoría:Satélites artificiais