Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997Necrolóxica en ABC, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Comezou a colaborar nos xornais de Viveiro e de Vilalba e, despois, no semanario Vallibria de Mondoñedo, onde coincidiu con Francisco Fernández del Riego, Aquilino Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro. En 1933 colaborou con ABC e Mundo Gráfico e Nuevo Mundo, de Madrid. Foi redactor xefe de El Progreso (1938) e director de Faro de Vigo (1949-1961), El Correo Gallego, La Noche e da revista internacional Mundo Hispánico (1961). Tamén foi director de publicacións da axencia de noticias EFE. Na súa obra poética mesturou elementos procedentes das fontes clásicas xunto a outras tendencias líricas do século XX sen moita artificiosidade. Promoveu a edición da obra poética completa de Antonio Noriega Varela. Recibiu o Premio Internacional de Poesía en Lisboa (1943), o Premio Nacional de Periodismo Marqueses de Taurisano (1963) e a Medalla Castelao (1995).
Casou en 1939 coa pintora Xulia Minguillón.
Obras Poesía Horas, 1935. Te he buscado, 1939. Versos: 1ª antología, 1945. Primer semillero de poemas, 1952. Trivium, 1955.
Mi soledad sonora, 1955.
Ensaio Las cosas, 1941. Faro de Vigo y su proyección, 1965. Con José Altabella. Pastor Díaz, príncipe del romanticismo, 1943. La siembra en el viento, 1955.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Gallega
Categoría:Xornalistas de Viveiro Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Faro de Vigo Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes