Manuel Cordeiro Monteagudo, nado na Coruña o 19 de xaneiro de 1927 e finado en Buenos Aires o 10 de maio de 2012, foi un pintor galego.

Traxectoria Cursou os estudos primarios na escola herculina de Francisco Vales Villamarín. Afeccionado ás carreiras pedrestes, foi subcampión fondista. Da man do Real Club Deportivo da Coruña percorreu gran parte de España. En 1952 emigrou a Bos Aires, onde comezou a súa actividade artística. Participou na creación das Mocedades Galeguistas de Bos Aires, e foi fundador do coro "Brétemas e Raiolas". En 1956 representou ao Centro Coruñés na Intersectorial Galega e no Congreso da Emigración de América. Foi uns dos fundadores do "Conxunto Artístico Breogán". Realizou exposicións en Galicia, no Centro Coruñés de Montevideo, o Centro Lucense, Coruñés, Ourensano e Pontevedrés de Bos Aires, Hogar Gallego para Ancianos, e no Centro Galicia e Galego porteños. Tamén fixo estandartes para moitos centros galegos da Arxentina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Galicia espallada Blog e Manuel Cordeiro

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2012