CEP 1 (acrónimo de Cylindrical Electrostatic Probe 1), tamén coñecido como CEPE (Cylindrical Electrostatic Probe Experiment) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 11 de decembro de 1970 mediante un foguete Delta N6 desde a rampla SLC-2W da Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características CEP 1 foi lanzado no mesmo foguete que o satélite meteorolóxico NOAA 1 e consistía nun experimento que quedou en órbita acaroado á última etapa do foguete Delta N6 que o transportaba. A súa misión foi estudar a densidade e temperatura de electróns e as correntes iónicas á altura da órbita do satélite.

Notas

Categoría:Satélites artificiais