Queilen ou Queilén, chamada da primeira forma polos seus habitantes e as autoridades locais, é unha comuna do Arquipélago de Chiloé, no sur de Chile. Foi fundado por Antonio Cipriano Grille de López y Haro a principios do século XIX e durante moito tempo recibiu o nome de Puerto Grille.
A capitalidade reside na vila do mesmo nome, coñecido na zona polas súas praias e as vistas do golfo Corcovado e da Cordilleira dos Andes. Atópase a ambos lados dunha punta areosa, a 46 quilómetros de Chonchi. No censo do ano 2002, a súa poboación alcanzaba os 1.912 habitantes, segundo o INE.
Xeografía miniatura|250px|Vista de Queilén desde o peirao peonil. Abarca unha porción do sueste da Illa Grande de Chiloé, entre as comunas de Chonchi e Quellón, así como as illas de Acuy e Tranqui. Ten unha superficie de 332 km2.
Illa Acuy É unha illa pequena ao sueste do pobo de Queilen. Ten arredor de 2 km de longo e uns 500 metros de ancho nos seus puntos maiores, e polo tanto só conta cunha poboación pequena, maioritariamente indíxena. Nela encóntrase o casarío de Acuy.
Illa Tranqui É unha illa que se atopa fronte á capital comunal, a 16 millas náuticas. Posúe 270 habitantes aproximadamente. A illa ten 7 casaríos: Centinela, Nepué, San José de Tranqui, Alqui, Millahue, Tranqui e Leutepu.
Localidades
Localidade Poboación(2002) Vivendas(2002) Categoría INE Queilén 1.665 586 Pobo Villa el Lago 72 26 Casarío Acuy 67 17 Casarío Detico Alto 47 13 Casarío
Outras localidades rurais queilinas Na illa Grande de Chiloé: Agoní Alto, Aulen, Las Lajas, Pureo, Agoní Bajo, Contuy, Lelbún, Quechu, Aituy, Paildad, San Miguel, Apeche Alto, Díaz Lira, Pilque, Santa María, Apeche Bajo, Estero Queilén e Pío Pío.
Servizos básicos O pobo de Queilen esta dotado de: hospital, casa do concello, liceo polivalente, escola básica, 2 compañías de bombeiros, restaurantes, igrexa, empresas de transporte de pasaxeiros, hotel, cabanas, hospedaxes, supermercados, ferraxarías, locais con servizo telefónico e Internet, sinal para telefonía móbil, servizo de taxis, porto con rampla, aeródromo, museo, centro cultural, biblioteca, ximnasio, estadio, entre outros.
Ademais conta coa Biblioteca Pública N°333 "Profesora Helia Sandoval Andrade" que desde o ano 2002 integrou nos seus servizos o Programa Biblioredes, permitindo o libre acceso a Internet e achegando os servizos tecnolóxicos a todos os usuarios tanto da comuna como a quen estean de paso.
Atractivos turísticos No sector urbano conta cun peirao peonil, miradoiro, cascada no esteiro, vistas ao volcán Corcovado, praias habilitadas para o baño...
No sector rural destacan os cisnes na baía de Detico, a ponte de Aituy, as Torres de Acui, as praias de Lelbun, a lagoa en Pio-Pío, o faro Chomío en Ñida, o esteiro de Paildad etc.
Festas e actividades Semana Queilina: realízase a segunda semana de febreiro. Prográmanse actividades tales como: un concurso de castelos de area e outro de disfraces, carros alegóricos, a "noite veneciana", a Expo-Queilen, 2 días de peñas folclórica...
O "reitimiento de Chancho", ou tamén coñecido como "carneo de Chancho", realízanse a segunda fin de semana de xullo no patio cuberto do internado masculino de Queilen.
Ademais realízanse un Torneo Nacional de Xadrez e un Campionato comunal e nacional de caiac en febreiro.
Flora e fauna miniatura|200px|Traile. A flora e fauna de Queilen é similar á do resto de Chiloé. Destacando especies vexetais nativas tales como: notros, Luma apiculata, luma, Podocarpus, nalcas, Ugni molinae, calafates; e especies introducidas como: groselleiras, Rosa eglanteria.
Atópanse tamén, especies animais tales como: pachancas (pingüíns), lobos mariños, pudús, golfiños chilenos, gaivotas, Vanellus chilensis, papagaios, voitres negros americanos, andoriñas e gorrións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Foto satelital de Acuy en GoogleMaps Ilustre Municipalidad de Queilen Museo Refugio de Navegantes Queilen Hotel Yatehue en Queilen Páxina queilina
Categoría:Xeografía de Chile