O golfiño, tamén chamado delfín ou arroaz, é un mamífero acuático da orde dos cetáceos, que tamén inclúe as baleas e marsopas. É carnívoro, excelente nadador, notable polas súas facultades psíquicas, que vive en mares temperados e quentes.

As especies máis comúns son 12, aínda que a máis coñecida é o golfiño común. Este animal pode nadar a 63 km/h, sen causar turbulencia, ir ata 7 m de altura fóra da auga, mergullarse axiña e por bastante tempo, e ten unha calidade única entre os animais, unha verdadeira lingua de son e ultrasóns de 400 "palabras". Está dotado dun cerebro comparativamente tan desenvolvido como o ser humano. Expresa unha gran sensibilidade con respecto á dor e o pracer, demostrada coas súas relacións cos homes. Existe unha ciencia dedicada ó seu estudo.

Por golfiños enténdese os dous grupos de odontocetos con semellanzas físicas pero sen afinidade taxonómica: Delfínidos, tamén coñecido como golfiños e focas. Platanistoidea de auga doce nos ríos indios como o Indo e o Ganxes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, M., Whales, Dolphins and Porpoises, Dorling Kindersley, 2000. ISBN 978-0-7513-2781-6. Williams, Heathcote, Whale Nation, Nova York, Harmony Books, 1988. ISBN 978-0-517-56932-0.

Categoría:Odontocetos