miniatura|350px|Búfalo acuático salvaxe. O búfalo acuático salvaxe ou arni, Bubalus arnee (Robert Kerr, 1792), é un gran bovino propio do sueste asiático.
O bufalo aucático salvaxe é o antecesor do doméstico, ou búfalo de río, do subcontinente indio (Bubalus bubalis bubalis) e tamén do carabao ou búfalo de pantano (Bubalus bubalis carabanesis), de Filipinas, e o segundo maior bóvido salvaxe, só tras o gaur.
A especie considérase en perigo, segundo a Lista Vermella da UINC, desde 1986, ao ter, daquela, unha poboación de 4.000 individuos, con menos de 2.500 individuos maduros.IUCN 2008. Hedges, S., Sagar Baral, H., Timmins, R.J., Duckworth, J.W. Bubalus arnee
A súa poboación estimada (en 2010) era de 3.400 individuos, dos cales 3.100 (o 91 %) vivían na India, principalmente en Assam.Choudhury, A. (2010): The vanishing herds: the wild water buffalo. Gibbon Books, Rhino Foundation, CEPF & COA, Taiwan, Guwahati, India.
É de maior tamaño e máis pesado do que o doméstico. Pode chegar aos 1.200 kg, cunha lonxitude de 240 a 300 cm, máis de 60 a 100 cm de cola, e unha altura na cruz de 150 a 190 cm. Ambos os sexos teñen cornos largos na base, diverxentes, e cunha envergadura entre as puntas de até os 2 m. A coloración vai da gris cinza á negra. O pelo é moderadamente longo, cunha guedella na fronte.Nowak, R. M. (1999): Walker's Mammals of the World. Volume 1. The Johns Hopkins University Press, Baltimore, USA and London, UK.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Búfalo Búfalo acuático
Ligazóns externas Wilson & Reeder's (2005: Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Johns Hopkins University Press Consultada o 15/5/2012. Wild Cattle Conservation Project Animal Info: Wild water buffalo Wildlife Trust of India February 2006: Wild buffalo faces extinction The Hindu February 2006: Project to conserve wild Asian buffalo
Categoría:Bovinos