miniatura|dereita|Tumba de Amedeo Modigliani e Jeanne Hébuterne. Amedeo Clemente Modigliani, nado en Livorno (Toscana) o 12 de xullo de 1884 e finado en París o 24 de xaneiro de 1920) foi un pintor e escultor italiano de etnia xudía.
Vida Amedeo medra nunha familia xudía na cidade portuaria de Livorno, durante a súa adolescencia comeza a recibir clases de pintura de Guglielmo Micheli, tamén de adolescente comeza a sufrir de febres tifoideas e tise. No ano 1902 estudou na Escola libre de nu de Florencia e o ano seguinte no Instituto de Belas Artes de Venecia.
Finalmente no ano 1906 trasládase a París onde entra en contacto co mundo das vangardas. Instalouse no Bateau-Lavoir de Montmartre, unha antiga fábrica de pianos reconvertida en residencia artística por onde pasou gran parte da intelectualidade parisiense de comezos do século XX. Xa dende a súa etapa en Venecia Modigliani desenvolvera uns hábitos de vida pouco saudables, bebendo en exceso e consumindo drogas, pero o pouco de chegar a París acaba por converter en alcolico e ter problemas graves de conduta. Todo isto sumado ós seus problemas de saúde non tarda en pasarlle factura.
No 1909 retorna brevemente a Livorno tratando de alonxarse da mala vida que levaba en París, pero non vai a tardar en retornar instalándose desta volta no barrio de Montparnasse.
Durante a Primeira guerra mundial trata de enrolarse pero é rexeitado polo seu estado físico. En 1918 vai comezar unha relación coa que será a nai da súa filla, Jeanne Hebuterne á que vai pintar en varias obras. O 24 de xaneiro de 1920 Modigliani vai morrer a causa dunha meninxite derivada da súa tuberculose con tan só 35 anos. Vai ser soterrado no cemitério do Père-Lachaise.
Obra A obra de Modigliani xira fundamentalmente en torno ó retrato e ó nu. A súa formación en Italia bebe da tradición do S.XIX e sobre é deudora dos macchiaioli (Manchistas) que van a ser a resposta italiana contra o academicismo e o romanticismo. Varios dos membros deste grupo foron mestres de Modigliani.
Pero conservase pouca pintura desta época do artista xa que el mesmo vai a renunciar o súa primeira etapa unha vez que chega a París e entra en contacto coas vangardas pictóricas. O estilo polo que vai ser coñecido é moí persoal e dificilmente atribuible a calquera das vangardas. Hai influencia de Cezanne e tamén de Toulouse-Lautrec ou de Paul Gouguin incluso do primitivismo e do primeiro cubismo, pero creando sempre un estilo propio.
Traspassos coñecer a Brancusi, durante un breve período o principio dos anos 10 Modigliani tamén traballou a escultura deixando pezas de grande interese aínda que regresou pouco tempo despois a adicarse á pintura a tempo completo.
En vida Modigliani non vai ser un autor especialmente recoñecido, aínda que as súa obra vai cotizarse mellor nos seus derradeiros anos de vida grazas ao seu amigo e marchante Léopold Zborowski. Isto contrasta enormemente cos prezos de vendas que ten a súa obra a día de hoxe. O seu cadro Nu couché acadou na poxa feita por Christie´s en 2015 por 170.405.000 USD, sendo un dos prezos máis altos pagados nunca por unha obra de arte.
No cinema En 1958 Jacques Becker dirixiu Les Amants de Montparnasse onde Gérard Philipe encarna ó pintor italiano,
No ano 2005 sería Andy García o que lle daría vida na cinta de Mick Davis, Modigliani.
Galería
Notas
Categoría:Pintores de Italia Categoría:Escultores do século XX Categoría:Nados en Livorno Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Escultores de Italia Categoría:Pintores do século XX