Imperivm é unha saga de 9 xogos baseados en feitos reais, desenvoltos pola empresa Haemimont Games e distribuídos por FX Interactive en España e Italia.

Os xogos que constitúen a saga son, por orde de introdución no mercado:

Celtic Kings: Rage of War Celtic Kings: The Punic Wars Imperivm: Great Battles of Rome Imperivm Civitas Imperivm Anthology Imperivm Civitas II Imperivm Civitas III Imperivm Online Imperivm Civitas Anthology

Saga RTC (Real Time Conquest)

Nesta saga enfocada á conquista militar, hai que protexer a túa cidade e conquistar a do teu adversario.

Celtic Kings: Rage of War Neste primeiro xogo, contamos coas civilizacións gala e romana. Tamén hai varias aventuras, como a de Imperivm-Adventure, na que gobernas ó heroe Lárax a través de diferentes escenarios. En España foi editado como Imperivm: La Guerra de las Galias.

Celtic Kings: The Punic Wars Neste xogo, contamos coas civilización gala, romana, ibera e cartaxinesa. As aventuras que se atopan neste xogo enfocan as conquistas de Roma e Cartago no Mediterráneo e a toma de Numancia por parte dos romanos. En España foi editado como Imperium II- La conquista de Hispania.

Imperivm: Great Battles of Rome Neste xogo contamos coas civilizacións gala, romana, ibera, cartaxinesa, exipcia, xermana e bretoa. Este Imperivm diferénciase dos outros dous en que xa non hai aventuras, senón Grandes Batallas, nas que controlas a xenerais lendarios (como Xulio César ou Boadicea).

Saga CIVITAS Nesta saga, hai que construír, gobernar, protexer a túa cidade e satisfacer as necesidades dos cidadáns.

Imperivm Civitas Neste primeiro xogo da saga CIVITAS, contamos con cidades como Roma e Venecia, tamén hai unha serie de desafíos nos que segundo os puntos que gañes, irás aumentando na clasificación.

Imperivm Civitas II Neste xogo, contamos con outras cidades como Alexandría, outros edificios e diferentes desafíos.

Imperivm Citias III Neste último CIVITAS, comparando cos outros dous xogos, tódolos edificios e escenarios son diferentes e tamén o xeito de xogar.

Imperivm ONLINE Este xogo é igual ó CIVITAS, a diferenza de que se xoga en liña.

Imperivm Anthology Este xogo contén o Imperivm I, II, III e Civitas I coas súas últimas versións.

Categoría:Imperivm