James Luther Adams, nado en Ritzville o 12 de novembro de 1901 e finado en Cambridge o 26 de xullo de 1994, foi un ministro e teólogo unitarista, de filiación teísta cristiá,Gary J. Dorrien,The Making of American Liberal Theology: Crisis, Irony, and Postmodernity 1950-2005. Presbyterian Publishing Corp. (2006), p. 134 o máis influente entre os unitaristas universalistas estadounidenses, e un dos pioneiros no estudo da socioloxía da relixión.Jeffrey Schultz, John West e Iain Maclean Encyclopedia of Religion in American Politics. Greenwood (1998), p.8

Traxectoria Adams era fillo de James Carey Adams, un granxeiro e predicador itinerante, deixou os estudos para traballar aos 16 anos para axudar á súa familia, ao enfermar gravemente o seu pai, na Northern Pacific Railroad logrou un bo emprego, e entrou na Universidade de Minnesota mentres traballaba pola noite, graduándose en 1924, durante os seus anos de universidade rexeitou o fundamentalismo, e tras unha época de rexeitamento da relixión, abrazou o unitarismo, entrando na Harvard Divinity School para se converter en ministro unitarista. Despois da súa ordenación tras ir por vez primeira a Alemaña para facer un curso de alemán, Adams serviu como ministro en Salem entre 1927 e 1934, e foi editor de The Christian Register de 1933 a 1934. En 1934 pasou á congregación de Wellesley Hills, Massachusetts ata 1935 e nese ano entrou como profesor na Meadville Theological School tendo que pasar un ano de estudo en Alemaña, onde entrou en contacto coa igrexa luterana clandestina que se opuña ao control nazi sobre a Igrexa Luterana polo que foi interrogado pola Gestapo. Tras volver aos Estados Unidos comezou a dar clases en Meadville ata que en 1943 pasou á Universidade de Chicago. En 1945 leu a súa tese de doutoramento sobre Paul Tillich.

En 1957 entrou a dar clases de ética cristiá na Harvard Divinity School, onde permaneceu ata a súa xubilación en 1968. Foi membro da American Academy of Arts and Sciences desde 1958. Tradutor e apólogo de teólogos alemáns como Ernst Troeltsch, Karl Holl e Paul Tillich, unha das súas principais obras foi Paul Tillich's Philosophy of Culture, Science, and Religion (1965) á que lle seguiu The Thought of Paul Tillich (1985). Publicou moitos dos seus ensaios teolóxicos e sermóns en libros como Taking Time Seriously (1957); On Being Human Religiously (1977); The Prophethood of All Believers (1986); Voluntary Associations: Socio-Cultural Analyses and Theological Interpretation (1986); An Examined Faith: Social Context and Religious Commitment (1986). Foi un dos membros fundadores da Society for the Scientific Study of Religion en 1949 que presidiu (1958-1959), tamén fundou e foi editor de The Journal of Liberal Religion. En 1996 publicouse postumamente a súa autobiografía Not Without Dust and Heat: A Memoir. Entre os temas da obra de Adams son recorrentes a importancia da historia para a manifestación da divindade, as relacións entre relixión, sociedade e poder e a contribución dos ideais relixiosos á democratización da sociedade.John R. Shook Dictionary of Modern American Philosophers, Volume 1:Thoemmes Continuum (2005) p, 19

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Notable American Unitarians Dictionary of Unitarian & Universalist Biography James Luther Adams Foundation

Categoría:Teólogos unitaristas Categoría:Nados en 1901 Categoría:Nados en Washington Categoría:Finados en 1994 Categoría:Personalidades do protestantismo dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Minnesota Categoría:Alumnos da Universidade Harvard