O Manglerud Star é un equipo de hóckey sobre xeo de Manglerud, Oslo (Noruega). Foi fundado o 23 de xuño de 1913 e ao longo da súa historia exportou numerosos xogadores ás principais ligas profesionais, así como a outros equipos noruegueses. Actualmente compite na Primeira División, a segunda categoría do hóckey sobre xeo noruegués.
Historia O Manglerud Star proclamouse campión da máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués por primeira vez en 1977, conseguindo revalidar o título ao ano seguinte, dende aquela o club tan só puido facerse unha vez co título da segunda categoría, a Primeira División, en 1993. Na tempada 2004-05, o Manglerud Star xogou na Primeira División (segunda categoría) por problemas financeiros, regresando á máxima categoría ao ano seguinte.
Palmarés 2 GET-ligaen: 1977, 1978 1 Primeira División: 1993
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do Manglerud Star
Star Categoría:Oslo