A Association for the Sociology of Religion (ASR) é unha asociación académica que centra o seu interese no estudo e divulgación da socioloxía da relixión. Ten máis de 700 membros e celebra as súas xuntanzas nos mesmos lugares e á vez que a American Sociological Association. Historia A ASR fundárona sociólogos católicos en 1938 co nome de American Catholic Sociological Society. A organización tomou o seu nome actual en 1970, reflectindo as mudanzas que supuxo o Concilio Vaticano II e a política do Vaticano de se abrir a outras confesións.
Actividades A publicación oficial da asociación é Sociology of Religion: A Quarterly Review de publicación trimestral, primeiro publicada en 1940 co nome de American Catholic Sociological Review e cambiado en 1963 por Sociological Analysis. A Publication of American Catholic Sociological Society. e en 1967 por Sociological Analysis. A Journal in Sociology of Religion, esa mudanza de nome, que reflectía o cambio desde unha perspectiva católica a outra máis centrada no estudo da socioloxía da relixión, supuxo unha diverxencia no seo da asociación e que algúns dos seus membros deixaran a organización. A ASR coedita a colección Religion and the Social Order..
Entre os presidentes da ASR estiveron David G. Bromley, James T. Richardson, Eileen Barker e Benton Johnson
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da ASR
Categoría:Socioloxía da relixión Categoría:Sociedades científicas