Clara Isabel Rodríguez Giráldez, coñecida como Clara do Roxo, nada en Caracas en 1962, é unha escritora galega filla de emigrantes. Traxectoria Licenciada en Xeografía e Historia, cun mestrado en Escritura e Narración Creativa. Foi directora e docente da escola en liña de escrita creativa Aliteraclara en lingua galega e profesora de escritura creativa en El Portal del escritor, onde dirixiu o curso de relato, relato avanzado, creación de personaxes, libro de relatos e contos infantís en lingua castelá. Impartiu cursos de escritura creativa presenciais para a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, a Biblioteca do Porriño e o café-teatro De Catro a Catro. Impartiu obradoiros baseados na escrita de Saramago, Antonio Tabucchi e Fernando Pessoa nas cidades de Porto e Lisboa.
Preside Asociación cultural Catropatacos, na que se realizan actividades culturais e de apoio á lingua galega. Pertence ao colectivo 4GHATOS, de narradoras e músicos
Na actualidade, está prexubilada e dedícase a escribir.
Obras Obras individuais A princesiña que conducía unha locomotora (2012). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 40 páxs. ISBN 978-84-9865-415-8. A mamá que perdeu as cóxegas (2015). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 96 páxs. ISBN 978-84-9865-583-4. Sombras no Ensanche (2016I. Vigo: Ed. Elvira, Historias para coñecermos Vigo. 60 páxs. ISBN 978-84-945644-7-5. Actrices secundarias (2019). Vigo: Ed. Elvira. 144 páxs. Ilustracións de Xavier Magalhães. ISBN 978-84-948786-6-4. Edición tamén en castelán. Mar e a pantasama das treboadas (2023). Deputación de Pontevedra. Relato. ISBN: 978-84-126009-6-4 A raposa muiñeira, 2024, Ed. Elvira. Ilustracións de Franchesca D'a Silva ISBN: 9788412639575
Obras colectivas Obras breves de imaxinación (2012). Baía Edicións O Libro dos Reis Magos (2013). Ed. Galaxia aLiterarte (2015). Editorial Elvira Escolma aberta, 2021, Editorial Elvira Creadores na reserva, 2022, Galix Oroza 100, 2023 Editorial Elvira A forza e a firmeza do traballo e a cultura, 2023, Libros del futuro
Premios Segundo premio de Relatos Mulleres Progresistas no 2008, por Surrealidades Segundo premio de Relatos Cultura Quente no 2009, por Bandexa de entrada Primeiro premio de Relatos A Cividade de Mos no 2009, por Os mortos de Manolo e 2010, por Perfume de podremia Primeiro premio do Certame de relatos Concello de Mugardos no 2010, por Soñar en branco e negro Accésít no Premio Modesto R. Figueiredo no 2010, por Retallos da memoria perdida Primeiro premio no Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2011, por A muller que deu a volta arredor de si mesma Primeiro premio do Café De Catro a Catro no 2011, por O neno do ollar fuxidío Accésit no Certame de relatos Manuel Oreste de Paradela no 2011, por Os nós da madeira Terceiro premio no Certame Voces da terra, dos Comités de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela no 2011, por Tremer Accésit no XXXIX Certame Nacional Galego de narracións breves Modesto R. Figueiredo do 2013, por Art decó Primeiro premio no certame Dillo a quen maltrata 2014 por O programa Primeiro premio no certame de microrrelatos Mulleres Progesistas 2015 por O tupper Finalista no premio Torrente Ballester de novela en lingua galega 2018, por Actrices secundarias Terceiro premio Certame Manuel Murguía de narracións breves en 2024 por As guerras pequenas Primeiro premio Certame de relatos Ecos da mente en 2024 por A amiga Premio CÍRCULO CULTURA en 2024 Primeiro Premio de Poesía Cinco Villas 2025 por La cicatriz Segundo Premio Concello de Ames 2025 por A caixa
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora na páxina web da Editorial Galaxia Entrevista dos alumnos de Literatura Galega do século XX IES Manuel García Barros. Entrevista con Clara do Roxo por Sombras no Ensanche TeleVigo, 18/10/2016, en YouTube. Clara do Roxo e Xavier Romero Ed. Elvira por Actrices secundarias TeleVigo, 9/5/2019, en YouTube.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Galegos de Venezuela