Alto Alentejo é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión do Alentejo. Dende 2009 correspóndese por completo co Distrito de Portalegre. Limita ao norte coas subrexións de Pinhal Interior Sul e Beira Interior Sul, ao leste co Estado español, ao sur coa subrexión do Alentejo Central, e ao oeste coas de Lezíria do Tejo e Médio Tejo. Ten unha superficie de 6.230 km² e unha poboación estimada de 118.352 habitantes (2011Censos 2011, Instituto Nacional de Estatística).
Concellos Comprende 15 concellos:
Alter do Chão (Vila) Arronches (Vila) Avis (Vila) Campo Maior (Vila) Castelo de Vide (Vila) Crato (Vila) Elvas (Cidade) Fronteira (Vila) Gavião (Vila) Marvão (Vila) Monforte (Vila) Nisa (Vila) Ponte de Sôr (Cidade) Portalegre (Cidade) Sousel (Vila)
Os principais núcleos urbanos son as cidades de Elvas (15.900 habitantes) e Portalegre (15.600 habitantes).
Cuestión de Olivenza - Olivença
Olivenza (en portugués Olivença), municipio pertencente de facto á comunidade autónoma española de Estremadura, é reivindicada por Portugal dende o século XIX, polo cal existe unha corrente de opinión que considera que Olivenza é un concello portugués do Alto Alentejo.
Véxase tamén Ligazóns externas Portal Informativo do Alentejo - Allentejo
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas