miniatura|250px|Estrela adicada a Värttinä en Åkerlundinkatu (Tampere), nas proximidades do Tampere-talo. Värttinä (en finés signfica fuso) é un grupo folk finlandés formado por Sari e Mari Kaasinen na cidade de Rääkkylä (Finlandia) a principios de 1983. Dende aquela a agrupación sufriu numerosos trocos. Värttinä saltou á fama en 1991 co seu disco Oi Dai.
Actualmente o grupo está formado por tres voces femininas e seis instrumentos acústicos. As súas vocalistas cantan no dialecto finés de Carelia e conforme ao estilo ancestral da rexión, se ben actualizado e con moitos matices de formas contemporáneas diversas. Un dos últimos proxectos do grupo foi a colaboración con A. R. Rahman na composición do musical de O Señor dos Aneis, que se estreou en Toronto o 23 de marzo de 2006.
A canción Matalii ja mustii do disco Seleniko converteuse nun grande éxito ao aparecer no popular programa infantil estadounidense Arthur.
Formación Actual Mari Kaasinen (voz) Susan Aho (voz) Karoliina Kantelinen (voz) Hannu Rantanen (baixo) Matti Kallio (acordeón e teclados) Mikko Hassinen (percusión)
Discografía Álbums de estudio Värttinä (1987) Musta Lindu (1989) Oi Dai (1991) Seleniko (1992) Aitara (1994) Kokko (1996) Vihma (1998) Ilmatar (2000) iki (2003) Miero (2006) Utu (2012) Viena (2015)
Recompilatorios Double Life (2002) - recompilación de 2 CDs con temas do álbum 6.12. e outros temas de estudio. Snow Angel (2005) - recompilación que inclúe cancións de álbums de estudio e directo. 25 (2007) - recompilación que inclúe cancións de tódolos álbums de Värttinä cun Vipinäveet inédito das sesións de Miero.
Álbums en directo 6.12. (2001) - realizado nun concerto en Helsinqui o 6 de decembro de 2000 e publicado nos Estados Unidos de América como Live in Helsinki.
Sinxelos 1991 (vinilo): Marilaulu, Oi Dai (álbum Oi Dai, 1991) 1991 (vinilo): Miinan Laulu, Vot Vot Ja Niin Niin (álbum Oi Dai, 1991) 1992: Miinan Laulu (Evinrudemix), Kiiriminna (Ethnomix), Kiiriminna (Radiomix) (remixes do álbum Oi Dai, 1991) 1992: Kylä Vuotti Uutta Kuuta, Seelinnikoi (álbum Seleniko, 1992) 1993: Pihi Neito, Matalii ja Mustii (álbum Seleniko, 1992) 1994: Tumala, Travuska (álbum Aitara, 1994) 1995: Mie Tahon Tanssia, Kannunkaataja (álbum Aitara, 1994) 1996: Tuulilta Tuleva, Kokko (álbum Kokko, 1996), Yötulet (álbum Aitara, 1994) 1996: Ottajat, Tuulilta Tuleva (álbum Kokko, 1996) 1997: Omani (Radio Edit), Omani (Album Edit), Halla (álbum Kokko, 1996) 1998: Emoton (álbum Vihma, 1998) 2000: Sanat, Äijö (álbum Ilmatar, 2000) 2002: Nahkaruoska, Tumma (álbum iki, 2003) 2003: Tuulen Tunto (radio edit) (álbum iki, 2003) 2006: Riena (álbum Miero, 2006) 2012: Tuuterin tyttäret 2013: Lasetus
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Discografía completa Lord of the Rings Stage Show (Music by Varttina) Sitio web non oficial
Categoría:Grupos musicais de Finlandia Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira