O Gran Premio de Mónaco de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 23 de maio de 1982 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de .
Informe
Esta foi a primeira carreira tras a morte de Gilles Villeneuve no Gran Premio de Bélxica e, en consecuencia Ferrari participou cun só piloto, Didier Pironi.
A partir da volta 67, cando comezou a chover, a carreira converteuse nunha carreira rocambolesca. Riccardo Patrese estaba apertando a Alain Prost cando na volta 74, Prost arriscou demasiado e estrelouse contra as barreiras Armco na saída da chicane du Port (tamén coñecida como a pata do can). Convértese en líder da carreira Riccardo Patrese, na volta 75, pero na pinza de Loews apágaselle momentaneamente o motor, sendo adiantado por varios pilotos, Didier Pironi toma a cabeza, pero é traizoado polo seu Ferrari no túnel. Sucedeo no liderado outro piloto italiano, Andrea De Cesaris con Alfa Romeo. Pero, queda sen combustible aos poucos metros e ponse de líder o irlandés Derek Daly, que uns poucos momentos despois choca contra as proteccións da pista. Patrese, que lograra acender o seu coche rodando costa abaixo, logrou a súa primeira vitoria. Pironi e de Cesaris clasificáronse segundo e terceiro, con Daly sexto. O comentarista da BBC e campión do mundo de James Hunt fixó o famoso comentario: "Ben, temos esta ridícula situación na que estamos todos sentados na liña de chegada á espera de que veña un gañador e non parece que vaiamos ter un!".
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 Riccardo Patrese Brabham-Ford 76 1:54:11.259 2 9 2 28 Didier Pironi Ferrari 75 Sen combustible 5 6 3 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 75 Sen combustible 7 4 4 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 75 + 1 volta 11 3 5 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 75 + 1 volta 15 2 6 5 Derek Daly Williams-Ford 74 Accidente 8 1 7 15 Alain Prost Renault 73 Accidente 4 8 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 72 + 4 voltas 17 9 29 Marc Surer Arrows-Ford 70 + 6 voltas 19 10 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 69 Suspensión 9 Ret 6 Keke Rosberg Williams-Ford 64 Colisión 6 Ret 8 Niki Lauda McLaren-Ford 56 Motor 12 Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 49 Turbo 13 Ret 7 John Watson McLaren-Ford 35 Eléctico 10 Ret 9 Manfred Winkelhock ATS-Ford 31 Diferencial 14 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 29 Erro de pilotaxe 18 Ret 25 Eddie Cheever Ligier-Matra 27 Fuga aceite 16 Ret 10 Eliseo Salazar ATS-Ford 22 Mecánica 20 Ret 16 René Arnoux Renault 14 Trompo 1 Ret 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 4 Semieixo 3 NSC 30 Mauro Baldi Arrows-Ford NSC 33 Jan Lammers Theodore-Ford NSC 17 Jochen Mass March-Ford NSC 35 Derek Warwick Toleman-Hart NSC 31 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford NSC 14 Roberto Guerrero Ensign-Ford NSCP 36 Teo Fabi Toleman-Hart NSCP 32 Riccardo Paletti Osella-Ford NSCP 18 Raul Boesel March-Ford NSCP 20 Chico Serra Fittipaldi-Ford NSCP 19 Emilio de Villota March-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 18 2 John Watson 17 3 Didier Pironi 16 4 Keke Rosberg 14 5 Riccardo Patrese 13
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Ford 29 2 Renault 22 3 Ferrari 22 4 Williams-Ford 21 5 Lotus-Ford 14
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Líderes de volta: René Arnoux 14 (1-14), Alain Prost 59 (15-73), Riccardo Patrese 2 (74, 76), Didier Pironi 1 (75)
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1982 Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1