Frederick Forsyth, nado en Ashford en 1938 e finado en Buckinghamshire o 9 de xuño de 2025, foi un escritor británico.

Traxectoria Estudou na Tonbridge School e, con 17 anos, realizou un curso de castelán ofrecido pola Universidade de Granada en Málaga. En 1956 converteuse no piloto máis novo que nunca tivera a Royal Air Force. Logo de deixar a carreira militar en 1958 traballou como xornalista para pequenos xornais ata que en 1961 entrou en Reuters, foi correspondente en Francia, Bélxica, España, Alemaña Oriental, Alemaña Occidental e Checoslovaquia. En 1965 comezou a traballar para a BBC. Entre xullo e setembro de 1967 cubriu a Guerra de Biafra entre Biafra e Nixeria.

En 1968 deixou a BBC tras ser acusado de tomar partido pola causa de Biafra e de falsificar informacións, polo que volveu a Biafra para cubrir a guerra pola súa conta.

En 1969 escribiu un libro sobre a Guerra de Biafra, The Biafra Story. Forsyth decidiu escribir unha novela coas mesmas técnicas de investigación que utilizaba no xornalismo, The Day of the Jackal, que se publicou en 1970 e que se converteu nun éxito de vendas internacional. Ao igual que o resto das novelas que publicou nos anos seguintes.

Obras The Biafra Story (1969). The Day of the Jackal (1971). The Odessa File (1972). The Dogs of War (1974). The Shepherd (1975). The Devil's Alternative (1979). No Comebacks (relatos, 1983). Emeka (1982). The Fourth Protocol (1984). The Negotiator (1989). The Deceiver (1991). Great Flying Stories (1991, ed). The Fist of God (1994). Icon (1996). The Phantom of Manhattan (1999). The Veteran (relatos, 2001). Avenger (2003). The Afghan (2006). The Cobra (2010). ''The Kill List (2013)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1938