Juan Ramón Quintás Seoane, nado na Coruña o 14 de agosto de 1943, é un economista e político galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Bilbao, é doutor con premio extraordinario de doutoramento. Ampliou estudos na International School on Mathematical Systems Theory. Foi profesor de Teoría Económica na Facultade de Ciencias Económicas da USC. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia da Coruña na I lexislatura (1979-1982). Foi presidente de SODIGA (1982-1983). En 1984 incorporouse a Caixa Galicia como Director Xeral Adxunto (1985-1994), en 1994 foi nomeado Director Xeral da Confederación Española de Caixas de Aforros e en 2002 foi elixido presidente.

Foi elixido membro do consello de administración de Endesa en abril de 2004.

Obras La empresa socialista. Una aproximación económica, 1971. Sobre un modelo dinámico de monopolio, 1971. La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica, 1973. Economía y educación, 1983.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Currículo Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes