Manuel Copena Araújo, nado en Gondomar o 22 de novembro de 1911 e finado o 30 de novembro de 1987,La Voz de Galicia, 2-12-1987, p. 46. foi un mestre, futbolista e político galego, máis coñecido como Nolete, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria Comezando a súa carreira en equipos pequenos da contorna de Vigo, e mentres estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra xogou no Eiriña Club de Fútbol. En 1932 fichou polo Celta de Vigo, equipo no que estivo até 1943 logo de 113 encontros e 96 goles marcados. Meteu varios goles decisivos, na promoción do primeiro ascenso a Primeira División do equipo celeste en 1936, en 1940 ante o Deportivo da Coruña en partido de promoción, en 1941 para evitar o descenso a Segunda División ante o Real Zaragoza, ou ante o Real Madrid en Balaídos que clasificaba o Celta para cuartos de final da Copa de España. Foi tamén autor do primeiro tanto do equipo celeste en Primeira División.

Uns anos antes de morrer recordaba para no Faro de Vigo os seus anos no Celta, club que non quixo deixar a pesar das numerosas ofertas que recibiu:

Tras retirarse como futbolista foi mestre en Gondomar e no Instituto Santa Irene de Vigo onde se xubilou en novembro de 1981. Militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS dende 1939, foi nomeado alcalde de Baiona entre xullo de 1965El Pueblo Gallego, 17-7-1965, p. 10. e 1972.. Foi tamén xuíz de paz nese mesmo concello.

Vida persoal

Casou con Dolores Eloisa Vidal Domínguez.

Notas

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Futbolistas de Gondomar Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Alcaldes de Baiona Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Xogadores do Eiriña CF Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Adestradores da UD Orensana