miniatura|Rexións e prefecturas do Xapón
O Xapón está subdividido en 47 prefecturas (de catro tipos: 都, to; 道, dō; 府, fu ou 県; ken, de aí o nome xenérico xaponés 都道府県 todōfuken). Tokyo é a única metrópole ("to"), Hokkaido é un territorio ("dō"), ambas Kyoto (a antiga capital) e mais Osaca (vlia) son prefecturas urbanas ("fu"), e o resto son "ken", prefecturas rurais.
Historia Esta división foi establecida polo goberno Meiji en 1871 no que se denomina a abolición do sistema Han. Aínda que inicialmente foron creadas unhas 300 prefecturas, este número foi diminuíndo ata un total de 47 no ano 1888. A Lei do Goberno Local de 1947 outorgou máis poder político ás prefecturas, provéndoas da capacidade de escoller gobernadores mediante eleccións locais.
Segundo a Lei antes mencionada cada prefectura subdivídese en cidades (市 shi), vilas (町 chō), e distritos rurais (郡 gun). Algunhas prefecturas teñen máis delegacións (支庁 shichō) que levan a cabo funcións administrativas da prefectura fóra da capital. En Hokkaido, ao ser a máis grande do Xapón, estas delegacións chámanse subprefecturas.
Lista de prefecturas
Hokkaidō e Tōhoku (01) (02) (03) (04) (05) (06) (07)
Kantō (08) (09) (10) (11) (12) (13) (14)
Chūbu (15) (16) (17) (18) (19) (20) (21) (22) (23)
Kansai (Kinki) (24) (25) (26) (27) (28) (29) (30)
Chūgoku (31) (32) (33) (34) (35)
Shikoku (36) (37) (38) (39)
Kyūshū e Okinawa (40) (41) (42) (43) (44) (45) (46) (47)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Prefecturas do Xapón