miniatura|dereita|250px|Helsinqui, xullo de 2005 O salto de lonxitude é unha proba do actual atletismo consistente en percorrer a máxima distancia posible no plano horizontal a partir dun salto tras unha carreira. A carreira previa debe realizarse dentro dunha área existente para iso, que finaliza nunha táboa de batida que indica o punto límite para realizar o impulso. A caída ten lugar sobre un foso de area. A distancia do salto mídese desde a táboa de batida ata a marca máis atrasada sobre a area feita por calquera parte do corpo do atleta, e consta de catro partes: carreira, impulso, voo e caída.
Os competidores realizan tres saltos cada un e os oito mellores pasan á seguinte rolda doutros tres saltos. Sempre se ten en conta o salto máis longo. En caso de empate gañará, entre os dous atletas, o que realice o segundo salto máis longo.
É proba olímpica na categoría masculina desde a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A categoría feminina da proba debutou nos Xogos celebrados en Londres en 1948. Porén esta proba xa se realizaba nos Xogos Olímpicos da Antigüidade, polo menos desde o ano 708 a. C. incluída dentro da proba do péntatlon. thumb
Descrición Área de competición A pista de aceleración non ten unha lonxitude concreta, pero adoita medir aproximadamente uns 45 m. A táboa de batida estará situada entre 1 e 3 metros antes do foso. A continuación desta colocarase unha táboa cuberta de plastilina ou similar que permita a visibilidade da proba no caso de ser pasada e/ou pisada. A área de aterraxe ou foso é un banco de area húmida, de 3 m. de ancho e 10 m. de lonxitude (empezando a un metro como mínimo desde a liña de engalaxe). Os competidores calzan zapatillas con sola de cravos.
Procedemento Non hai unha distancia concreta de carreira antes do salto. O salto considérase errado se o competidor:
Toca o indicador (a pegada queda marcada na superficie branda). Salta desde fóra do ferro de engalaxe. Realiza unha viravolta. Toca o terreo fóra da área de aterraxe deixando unha marca máis próxima á liña de engalaxe que a que deixou no banco de area. Camiña de costas pola área de aterraxe. Supera o tempo estipulado para realizar o salto.
A medida tómase desde o bordo máis próximo da marca na area, respecto da liña de engalaxe, deixada por calquera parte do corpo da persoa que realizou o salto. Cada saltador executa 3 saltos de clasificación. Declárase vencedora á persoa que consegue maior lonxitude de salto. Se se produce empate, o segundo mellor intento determina a vitoria. Cando haxa máis de oito concursantes, cada un terá dereito a 3 intentos e os 8 mellores realizarán outros 3 intentos de mellora. O tempo que se dispón para realizar os intentos é de 1 minuto e de 2 minutos nas fases finais de competición.
Técnica Fase de carreira Xunto coa batida constitúe a base do salto. Debe ser previamente talonada (medida con precisión), e ha de realizarse en progresión e con grande elevación da coxa. O penúltimo apoio é mais longo que os demais e o último é o máis curto. Fase de batida A batida transforma a carreira en salto. Comeza co apoio do pé de batida sobre a táboa e termina coa perda dese contacto. O pé de batida chega á táboa de planta. A extensión da perna de batida será completa e coincide coa elevación da perna libre flexionada. Nesta fase tamén existe un movemento enérxico de brazos. Fase de suspensión ou voo miniatura|saltador aterrizando na area Existen tres técnicas nos movementos que executa o atleta durante esta fase: devanditos movementos van encamiñados a adoptar unha posición final máis equilibrada e rendible:
a) Técnica Natural: para saltos de pouca lonxitude e principiantes. É moi simple: durante a suspensión a perna de batida únese á libre e nesa posición de "sentado" efectúase a translación.
b) Técnica extensión: nesta técnica, terminando a engalaxe, a perna libre reláxase e vai atrás, para colocarse á mesma altura que a de batida. Os brazos por arriba ou lateralmente van tamén atrás, propiciando a flexión dorsal do tronco. Posteriormente prodúcese unha acción global en sentido inverso "golpe de riles" para prepararse para a caída.
c) Técnica de paso ou tesoiras: o saltador en certa forma continúa correndo no aire, e en función do número de pasos que realice poderá denominarse "salto de 2 e medio" ou "3 e medio". Para efectuar o medio, o atleta recolle a perna libre e moi flexionada lévaa cara a adiante, semiestendéndoa cara á horizontal e aproximadamente o mesmo altura que a perna de batida. Para propiciar o equilibrio dos movementos de pernas, os brazos realizan rotacións a nivel da articulación do ombreiro e no sentido de atrás adiante. Estas accións van totalmente coordinadas cos movementos das pernas. Déanse os pasos que se dean, finaliza a secuencia cunha flexión de tronco adiante sen que baixen as pernas.
Atleta
Velocidade Das catro especialidades de saltos, na que é máis vital a velocidade é no salto de lonxitude. O saltador de lonxitude debe adquirir unha grande aceleración de 30 ou 40 metros de carreira antes de chegar á táboa. Logo, no aire, deben ser capaces de desenvolver o salto. Fibras As fibras dos saltadores son, nunha enorme proporción, explosivas e moi rápidas, totalmente anaeróbicas na súa funcionalidade desde o punto de vista enerxético. O saltador debe nacer con estas fibras, pero tamén se poden desenvolver a base de pesas, multisaltos e moitos exercicios de flexibilidade e técnica. Capacidade de impulsión Todos os saltadores teñen unha gran capacidade de impulsión. Tanto en altura como en pértega, lonxitude e triplo salto hai unha elevación sobre o chan. Dentro da elevación tamén hai algo de salto en extensión. Para levar a cabo este salto é imprescindible ter unha boa capacidade de impulsión, ou o que no argot chámase -bote-. Sen bote non se pode saltar, e conséguese grazas ás fibras explosivas e rápidas, ás que fixemos referencia. Memoria para mecanizar Os saltadores han de ser persoas hábiles e flexibles, cunha serie de calidades innatas: capacidade de mecanizar, de asimilar, de arquivar movementos musculares. Nas catro especialidades, os saltadores fan a película -in mente- de como van realizar o salto antes de levalo a cabo.
Teñen perfectamente talonada (medida) a súa carreira, saben os pasos exactos que dan desde o sitio en que a inician, que previamente marcan na pista, e saben tamén o lugar desde onde deben bater. Se se equivocan, aínda que sexa medio pé abaixo ou arriba, pode ser fatal para o resultado final.
Logo, unha vez que se elevan, os saltadores teñen que mecanizar no aire toda unha serie de movementos, segundo o estilo característico de cada un. Esta mecanización ensáiase nos adestramentos, repetindo miles e miles de veces, ata que o poidan facer practicamente sen pensar. Concentración Outra calidade dos saltadores é a súa gran capacidade de concentración. Algúns piden palmas aos espectadores, pero é porque ese tipo de apoio axúdalles a concentrarse. Nutrición Como todos os saltos atléticos caracterízanse por ser probas explosivas, a nutrición dos saltadores é moi parecida á que levan a cabo os especialistas en probas de velocidade ou valos.
Os saltadores queiman fundamentalmente glucóxeno, por facer uso de fibras explosivas ou rápidas, que só gastan este combustible de gran calidade. Aos saltadores cústalles especialmente queimar graxas e, como xeralmente han de ser altos e delgados, coller demasiado peso sería un hándicap enorme na competición. A calidade na alimentación é a mesma para todos os saltadores. A súa dieta debe ser variada e equilibrada. A cantidade de calorías que deben inxerir está en función da cantidade de traballo que desenvolvan diariamente e tamén do volume corporal que hai que nutrir.
Como fan numerosos adestramentos de forza, deben asimilar máis calorías en forma de proteínas que calquera outro atleta dunha especialidade non explosiva. Ao redor dun 2 ou 3% máis. En canto ás vitaminas refírese, toman as mesmas que calquera outro atleta.
Adestramento Algúns exercicios destacados nesta proba son:
Circuítos de velocidade e potencia Exercicios de axilidade Series de velocidade (60-80 metros) Multisaltos e saltos completos con aumento do número de pasos Pesas, cargas medias (50%) executadas rapidamente. Traballo técnico (talonamento, batida, voo...) Paralímpicos Nas probas de salto, as clases con discapacidade nalgunha extremidade inferior poderán utilizar os seguintes métodos de saída: correr, saltar e saída de pé. Deficientes visuais Os competidores con deficiencias visuais poderán utilizar un avisador que lles proporcione orientación acústica. Para iso, o avisador debe colocarse nunha posición que non estorbe aos oficiais da proba.
No salto de altura, poderán tocar o listón previamente para orientarse antes de tomar carreira. Para algúns tipos de atletas, permíteselles colocar un distintivo visual no listón como axuda para orientarse.
As zonas de batida en salto de lonxitude e triplo salto adoitan ser áreas de 1 metro x 1,22 metros, recuberto de modo (xiz, pos de talco, area fina etc.) que o atleta poida distinguir este área ao pisar nela. en castelán
Marcas (actualizado a 01-10-2007)
MarcaAtletaPaísLugarData WR Homes 8.95 Mike Powell Tokyo 30-08-1991 Mulleres 7.52 Galina Chistyakova Leningrado 22-05-1988 OR Homes 8.90 Bob Beamon México D.F. 18-10-1968Mulleres 7.40 Jackie Joyner-Kersee Seúl 29-09-1988 ER Homes 8.86 Robert Emmiyan Tsakhkadzor 22-05-1987 Mulleres 7.52 Galina Chistyakova Leningrado 22-05-1988 AM Homes 8.95 Mike Powell Tokyo 30-08-1991Mulleres 7.49 Jackie Joyner-Kersee Nova York 22-05-1994 AF Homes 8.46 Cheikh Tidiane Bad Langensalza 15-06-1997 Mulleres 7.12 Chioma Ajunwa Atlanta 02-08-1996 AS Homes 8.48 Mohamed Salman Ao Khuwalidi Sotteville 02-07-2006Mulleres 7.01 Weili Yao Jinan 05-06-1993 OC Homes 8.49 Jai Taurima Sydney 28-09-2000Mulleres 7.00 Bronwyn Thompson Melbourne 07-03-2002
Atletas con mellores marcas mundiais (actualizado a 31/12/2010)
Rama masculina
Clasificación Marca Atleta País Data Lugar 1. 8.95 Mike Powell 30 de agosto de 1991 Tokyo 2. 8.90A Bob Beamon 18 de outubro de 1968 México D.F. 3. 8.87 Carl Lewis 30 de agosto de 1991 Tokyo 4. 8.86A Robert Emmiyan 22 de maio de 1987 Tsakhkadzor 5. 8.74 Larry Myricks 18 de xullo de 1988 Indianápolis 6. 8.74A Erick Walder 2 de abril de 1994 El Paso 7. 8.74 Dwight Phillips 7 de xuño de 2009 Eugene 8. 8.73 Irving Saladino 24 de maio de 2008 Hengelo 9. 8.71 Iván Pedroso 18 de xullo de 1995 Salamanca 10. 8.66 Loúis Tsátoumas 2 de xuño de 2007 Kalamata
Rama feminina
Clasificación Marca Atleta País Data Lugar 1. 7.52 Galina Chistyakova 11 de xuño de 1988 Leningrado 2. 7.49 Jackie Joyner-Kersee 22 de maio de 1994 Nova York 3. 7.48 Heike Drechsler 9 de xullo de 1988 Neubrandenburg 4. 7.43 Anisoara Cusmir-Stanciu 4 de xuño de 1983 Bucarest 5. 7.42 Tatiana Kotova 23 de xuño de 2002 Annecy 6. 7.39 Yelena Belevskaya 18 de xullo de 1987 Bryansk 7. 7.37 Inessa Kravets 11 de xuño de 1988 Kíiv 8. 7.33 Tatiana Lebedeva 31 de xullo de 2004 Tula 9.7,31 Yelena Khlopotnova 12 de setembro de 1985 Alma Atá Marion Jones 12 de agosto de 1998 Zürich
Campións olímpicos