Kuopio é unha cidade da rexión de Savonia do Norte (Finlandia). Ten 97.552 habitantes (2012), sendo a cidade máis poboada da provincia de Finlandia Oriental.

Kuopio é coñecida por ser o berce dos pasteis de peixe finlandeses Kalakukko, polo dialecto Savo, polo outeiro de Puijo e pola torre de Puijo, que ofrece ao visitante unha vista magnífica da rexión. O outeiro de Puijo alberga tamén unha competición anual de salto de esquí.

Topónimo Hai diversas hipóteses sobre a orixe do nome Kuopio. A primeira remóntase ao século XVI, cando un persoeiro de grande influencia chamado Kauhanen en Tavinsalmi trocou o seu nome por Skopa e a pronunciación da xente era Coopia, derivando despois a Cuopio. A segunda explicación afirma que o nome provén do verbo finés kuopia, que quere dicir, por exemplo, cando un cabalo raña o chan cos pezuños. A terceira hipótese di que o nome viría dun nome de home propio de Carelia Prokopij, de Ruokolahti na Idade Media. Esta última explicación parece ser a máis probable, xa que está documentada polo Instituto de Investigación para as Linguas de Finlandia.

Historia Kuopio foi fundada en 1653 polo gobernador Peter Brahe, mais a data oficial de fundación recoñecida é o 17 de novembro de 1775, cando o rei Gustavo III de Suecia ordenou que fose establecida a cidade de Kuopio. O municipio de Karttula foi anexionado ao de Kuopio en 2011, do mesmo xeito que fixeran anteriormente os de Vehmersalmi (2005), Riistavesi (1973) e Kuopion maalaiskunta (1969).

Demografía Evolución da poboación : 1792 - 751 1889 - 8.100 1904 - 13.519 1923 - 20.088 1961 - 45.000 1970 - 66.000 1983 - 76.792 1987 - 78.916 1990 - 80.613 1997 - 85.862 2000 - 86.651 2002 - 87.821 2004 - 90.518 2012 - 97.552

Xeografía A cidade está rodeada polo lago Kallavesi e parte da cidade foi construída en illas, como o proxecto Saaristokaupunki (literalmente Cidade Arquipélago), a área residencial máis grande que se está a construír na actualidade en Finlandia. O seu relevo é bastante marcado, estando o centro da cidade dominado polo outeiro de Puijo e a súa torre.

Dende a súa fusión con Vehmersalmi en 2005, limita cos concellos de: Siilinjärvi e Nilsiä ao norte, Juankoski e Tuusniemi ao leste, Leppävirta ao sur, Suonenjoki e Kartula ao oeste, e Maaninka ao noroeste.

Clima 17px Kuopio Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura media máxima (°C) -6,2 -5,9 -0,3 5,5 14 19,2 21,4 18,5 12,3 5,9 -0,2 -4,1 6,68 Temperatura media mínima (°C) -13,2 -13,4 -8,3 -2,8 3,8 10,4 13,1 11,3 6,4 1,5 -4,5 -10.3 -0.5 Precipitacións (mm) 41,2 31,1 34,2 31,9 38,8 65,4 76,9 80,2 58,6 52,8 51,1 45,6 607,8''Fonte: World Meteorological Organisation (UN)

Lingua A meirande parte da poboación de Kuopio fala finés, habendo unha minoría de falantes de sueco (0,1%). Algunhas das primeiras escolas con estudos en finés foron creadas en Kuopio, como a escola para cegos (1871) e a escola de comercio (1887). A nivel dialectal, a cidade está situada en plena zona dos dialectos da Finlandia oriental, e máis concretamente os que son denominados Savo (de Savonia), os cales ocupan unha extensión moito máis grande do que é, de feito, a rexión histórica de Savonia.

Educación e cultura Kuopio é unha das cidades con maior tradición no campo da educación. A cidade é coñecida como o centro cultural de Finlandia Oriental, oferecendo diversos eventos importantes como o festival de danza de Kuopio e o festival de viño de Kuopio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Universidade de Kuopio Información adicional sobre Kuopio

Categoría:Kuopio