O río Bann (River Bann en inglés, en gaélico irlandés an Bhanna, posiblemente proveniente de an bhan-abha, "o río branco"Placenames Database of Ireland) é o maior río de Irlanda do Norte, cunha lonxitude total de 129 km. O río nace na esquina sueste de Irlanda do Norte fluíndo cara á costa noroeste, deténdose no medio do camiño para formar o gran lago Neagh. Segundo C.Michael Hogan, o val do río Bann é a área de asentamento dos primeiros humanos tras a fin da última glaciación.C.Michael Hogan. 2011. Celtic Sea. eds. P.Saundry & C.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC. O río xogou un papel importante na industrialización do norte de Irlanda, especialmente coa industria do liño. Hoxe en día, a pesca do salmón e a anguía é a principal atracción económica do río. O río é a miúdo empregado para dividir Irlanda do Norte nunha zona oeste e leste. As poboacións, concellos e empresas do "oeste do Bann" son vistos a miúdo como que teñen menos investimento por parte do goberno que os outros do leste.BBC News Tamén se pode ver como unha división política e relixiosa, alén da económica, con católicos, nacionalistas e republicanos sendo maioría no oeste, e protestantes e unionistas sendo maioría no leste, sendo o oeste máis rural que o leste, onde se atopa o Gran Belfast, capital industrial e financeira, ademais da da propia Irlanda do Norte.
A área de captación do lago Neagh ocupa o 43% do terreo de Irlanda do Norte, así como algunhas áreas limítrofes da República de Irlanda. A Rivers Agency controla o nivel da auga do lago empregando unha presa en Toome. O actual plan de drenaxe foi enxeñado por Percy Shepherd e foi permitido pola Acta de Navegación e Drenaxe no lago Neagh e o Bann Baixo de Irlanda do Norte de 1955.. O nivel das augas anda entre os 12,45 metros e 12,6 metros sobre a Ordnance Datum, como define o plan de 1955 (como tamén a emenda de 2004)..
Bann alto O Bann superior esténdese desde as Montañas Mourne, no Condado de Down, até o Lough Neagh en Bannfoot, Condado de Armagh. Este treito é moi propicio para á pesca. Preto de Portadown, conéctase co agora en desuso Canal de Newry, que antano vertía as súas augas cara ao sur no Mar de Irlanda.
Bann baixo miniatura|Vista do Río Bann en Coleraine O Bann inferior vai desde o Lough Neagh en Toome até o océano Atlántico en Portstewart. Posúe 51 km de lonxitude e é unha canle con cinco esclusas, en Toome, Portna, Movanagher, Carnroe e Castleroe. No río é habitual ver deportistas, pescadores e barcos, cun tráfico comercial escaso. Actúa facendo fronteira entre os condados de Antrim e Londonderry. O único porto comercial do río é o de Coleraine.
O nivel da auga do Bann baixo está controlado pola Rivers Agency, que emprega as comportas situadas en Portna (preto de Kilrea) e The Cutts en Coleraine.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas River Bann, Northern Ireland - River Bann user and visitor information Discover Northern Ireland - Upper Bann Discover Northern Ireland - Lower Bann Waterways Ireland - Lower Bann information page. Salmon fishing on the Lower Bann, from Salmon Ireland Rivers Agency website Bann Rowing Club
Categoría:Ríos de Irlanda do Norte Categoría:Ríos de Irlanda