O HC Slavia Praha é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Praga (República Checa). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga, competición que gañou en dúas ocasións (2003 e 2008). Xoga os seus partidos como local no O2 Arena de Praga, un pavillón con capacidade para 18.000 espectadores.
Historia O HC Slavia Praha foi fundado en 1900 como sección de bandy do SK Slavia Praha, un club polideportivo fundado en 1892. O equipo xogou na tempada 2008–09 a Champions Hockey League.
Denominacións 1900: SK Slavia Praha 1948: Sokol Slavia Praha 1949: Dynamo Slavia Praha 1953: Dynamo Praha 1965: Slavia Praha 1977: Slavia IPS Praha 1993: HC Slavia Praha
Palmarés 2 Extraligas Checas: 2002-03 e 2007-08
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial do HC Slavia Praha Sitio web dos seareiros do HC Slavia Praha
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo da República Checa Categoría:Deporte en Praga