Öresund () ou Øresund () é un estreito entre Dinamarca e mais Suecia, máis precisamente entre a illa dinamarquesa de Selandia e a provincia sueca de Escania.
Xeografía O estreito liga o mar Báltico (ao sur) ao estreito de Kattegat (ao norte), en dirección ao mar do Norte, estendéndose por preto de 118 km nun eixo sur-sueste/nor-noroeste, cunha anchura de 3 km a 48 km. Separa, ao sur, as cidades portuarias de Copenhaguen (Dinamarca) e Malmö (Suecia) e, ao norte, as cidades de Elseneur (Dinamarca) e de Helsingborg (Suecia).
Os relevos submarinos e a pouca profundidade de Øresund contribúen a limitar as trocas de auga entre o mar do Norte e o mar Báltico.
Historia O estreito de Øresund foi palco de numerosos naufraxios. Os principais factores son a súa baixa profundidade, ás veces inferior a 10 metros, e a súa forte frecuentación.
A ponte Desde o 1 de xullo de 2000, a Ponte de Øresund liga Copenhaguen a Malmö. miniatura|centro|500px|Vista do norte a ponte de Øresund sobre o estreito de Øresund, coa Suecia á esquerda e Dinamarca á dereita
Illas Sjælland, a grande illa de Copenhaguen Amager, co aeroporto de Copenhaguen Tastrup Saltholm Peberholm, chegada da ponte de Øresund Ven
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da Ponte de Øresund Øresunddirekt – Sitio oficial de información pública para os habitantes da rexión Øresund Øresund Trends – Un sitio oficial de información pública con información actualizada sobre a rexión, dispoñible en inglés Øresundstid – A historia da Rexión de Øresund
Categoría:Mares do Océano Atlántico Oresund Oresund Oresund Categoría:Mar Báltico