Godspeed You! Black Emperor (anteriormente escrito como Godspeed You Black Emperor! e normalmente abreviado como GYBE, GY!BE ou Godspeed) é unha banda canadense de post-rock procedente de Montreal, Quebec e formada en 1994. Foron o primeiro grupo en editar as súas gravacións a través de Constellation, un influente selo discográfico independente tamén localizado en Montreal.
O grupo publicou o seu álbum de estrea, F♯ A♯ ∞, en 1997 e xirou con regularidade dende 1998 ata 2002. O seu segundo traballo, Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven (2000), foi aclamado pola crítica e foi nomeado como un dos mellores álbums da década. Tras o lanzamento de Yanqui U.X.O. (2002), o grupo anunciou un hiato indefinido para que os seus membros se dedicasen a outros proxectos musicais.
Nese período falouse varias veces da separación definitiva de Godspeed You! Black Emperor, pero volveu reunirse para unha xira que tivo lugar entre finais do 2010 e principios do 2011, tocando tamén no festival de Coachella do 2012. O seu primeiro álbum tras a reunión foi Allelujah! Don't Bend! Ascend! (2012) e gañou o Polaris Music Prize en 2013. Este foi seguido por Asunder, Sweet and Other Distress (2015), Luciferian Towers (2017), G_d's Pee at State's End! (2021) e No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead (2024).
Godspeed You! Black Emperor é considerada unha banda de culto e unha grande influencia no xénero do post-rock. A súa música, principalmente de natureza instrumental, destaca polos seus contrastes entre paisaxes sonoras ambientais e crescendos caóticos; o uso de gravación de campo e monólogos de palabra falada; e céntrase ne temas distópicos, anárquicos e anti-bélicos. Os membros do grupo formaron varios proxectos paralelos, como Thee Silver Mt. Zion Memorial Orchestra & Tra-La-La Band, Fly Pan Am, HṚṢṬA, Esmerine, e Set Fire to Flames.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo All Lights Fucked on the Hairy Amp Drooling 1994 autoeditado F♯ A♯ ∞ 1997 Constellation/Kranky Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven 2000 Constellation/Kranky Yanqui U.X.O. 2002 Constellation 'Allelujah! Don't Bend! Ascend! 2012 Constellation Asunder, Sweet and Other Distress 2015 Constellation Luciferian Towers 2017 ConstellationG_d’s Pee AT STATE’S END!2021ConstellationNo Title as of 13 February 2024 28,340 Dead2024Constellation
EPs Slow Riot for New Zerø Kanada - 1999 (Constellation)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de Montreal Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de música experimental Categoría:Grupos musicais de rock instrumental Categoría:Grupos musicais formados en 1994 Categoría:Grupos musicais separados en 2003 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2010