Apartheid é unha palabra da lingua afrikaans que significa vida separada e que foi adoptada legalmente en 1948 en Suráfrica para designar un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. A tradución máis común ao galego sería segregación racial, ou aínda política de segregación racial. A ideoloxía do apartheid tamén se aplicou en África do Suroeste, administrada por Suráfrica como mandato da Liga de Nacións (revogado en 1966 pola Resolución das Nacións Unidas 2145), e que estivo en vigor ata que logrou a súa independencia en 1990. Por extensión, o termo tamén se emprega para a segregación sistemática establecida por unha autoridade estatal contra os dereitos sociais e civís dun determinado grupo de cidadáns, debido a prexuízos étnicos.Merriam-Webster. Merriam-Webster, n.d. Web. 23 Feb. 2015. <http://www.merriam-webster.com/dictionary/apartheid> O primeiro rexistro do uso desta palabra atópase nun discurso de Jan Smuts en 1917, político que en 1919 chegou a primeiro ministro de Suráfrica.

Este réxime foi abolido por Frederik de Klerk en 1990 e, finalmente en 1994 celebráronse eleccións libres.

Historia do apartheid en Suráfrica miniatura|Bandeira surafricana entre 1928 e 1994 Suráfrica foi colonizada polos neerlandeses e o británicos do século XVII en diante. Como acontecía normalmente no caso de colonias na África, os colonizadores Europeos dominaban os nativos a través de control político e militar e do control da terra e da riqueza.

Despois das guerras bóers entre os independentistas africáners e os ingleses, foi criada a Unión Surafricana en 1910, co estatuto de Dominio do Imperio Británico. Aínda que o sistema colonias fose esencialmente un réxime racista, foi nesta fase cando comezaron a forxar as bases legais para o réxime do apartheid. Por exemplo, na propia constitución da Unión, aínda que fose considerada unha república unitaria, cun único goberno, apenas na Provincia do Cabo os non-brancos que fosen propietarios tiñan dereito ao voto, porque as provincias mantiñan algunha autonomía.

Unha das primeiras leis adoptadas foi o "Regulamento do Traballo Indíxena" ("The Native Labour Regulation Act", en inglés) de 1911, segundo a cal era considerado un crime - só para os "africanos", ou sexa, os "non-brancos", a quebra dun contrato de traballo. Aínda no mesmo ano, foi promulgada a "Lei da igrexa reformada neerlandesa" ("The Dutch Reformed Church Act"), que prohibía aos negros de se tornaren membros de pleno dereito daquela igrexa.

Máis importante aínda foi a "Lei da Terra" ("Natives Land Act") de 1913, que dividiu Suráfrica en áreas onde só negros ou brancos podían ter a pose da terra: os negros, que constituían dous terzos da poboación, ficaron con dereito a 7,5 % da terra, mentres os brancos, que eran apenas un quinto da poboación, ficaron con dereito a 92,5 % da terra; os mestizos ("coloured") non tiñan dereito á pose da terra. Esta lei determinaba igualmente que os "africanos" só poderían vivir fóra das súas terras cando fosen empregados dos brancos. Pasou tamén a ser ilegal a práctica usual de ter rendeiros negros nas plantacións.

Nos anos que se seguiron á vitoria do Partido Nacional nas eleccións xerais de 1948, aprobáronse un gran número de leis, instituíndo aínda máis a dominación da poboación branca sobre outras razas.

As principais leis do apartheid foron as seguintes: A Lei de Prohibición de Casamentos Mistos (1949) Emenda á Lei de Inmoralidade (1950) Esa lei tornou acto criminal unha persoa branca ter relacións sexuais cunha persoa de raza diferente. A Lei de Rexistro da Poboación (1950) Esa lei requiría que todos os cidadáns se rexistrasen como negros, brancos ou mestizos. A Lei de Supresión do Comunismo (1950) Esa lei prohibía calquera partido de oposición ao goberno que o goberno decidise catalogar como "comunista". A Lei de Áreas de Agrupamento (Group Areas Act de 27 de abril de 1950) Esa lei eliminou persoas dalgunhas razas de varias áreas urbanas Lei da Auto-determinación dos Bantú (Bantu Self-Gobernment Act, de 1951) - Esta lei estabelecía as chamadas “Homelands” (coñecidas para o resto do mundo como “Bantustións”) para dez diferentes tribos “africanas” (de negros), onde eles podían residir e ter propiedades. A Lei de Reserva de Beneficios Sociais Separados (1953) Esa lei prohibiu a persoas de razas diferentes usar as mesmas instalacións públicas. A Lei de Educación Bantú (1953) Esa lei trouxo varias medidas explicitamente criadas para reducir o nivel de educación recibida pola poboación negra. A Lei de Minas e Traballo (1956) Esa lei formalizaba a discriminación racial no emprego. A Lei de Promoción do Auto-Goberno Negro (1958) Esa lei criou "patrias" nominalmente independentes para persoas negras. Na práctica, o goberno surafricano tiña unha influencia forte sobre un bantustán. Lei de Cidadanía da Patria Negra (1971) Esa lei mudou o status dos nativos das 'patrias' de forma que eles non fosen considerados cidadáns de Suráfrica, non tendo así ningún dereito asociado a esa cidadanía.

En 21 de marzo de 1960, 20.000 persoas negras congregadas en Sharpeville protestaron contra o requirimento aos negros de portaren as identidades (baixo as regras estipuladas na Lei da Licenza). A policía abriu fogo contra eles, matando a 69 e ferindo 180. Todas as vítimas eran negras. A maioría delas disparáronlle polas costas. O Coronel J. Pienaar, o oficial da policía encargado no día, foi visto dicindo que"Hordas de nativos cercaron a delegación. O meu coche foi alcanzado por unha pedra. Se fan esas cousas, eles deben aprender a lección de modo difícil."Ese evento ficou coñecido como o Masacre de Sharpeville. Como consecuencia, o goberno prohibiu o Congreso Nacional Africano (ANC) e o Congreso Panafricanista (PAC).

O evento levou a unha gran mudanza nas tácticas do ANC, mudando de medios pacíficos a medios violentos. A pesar de teren as súas unidades detonado bombas nos edificios do goberno nos anos seguintes, o ANC e o PAC non eran amezas ao Estado, que tiña o monopolio do armamento moderno.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Resolución 1761 o 6 de novembro de 1962 que condenou as políticas racistas do apartheid sur-africano e pediu que todos os países-membros da ONU cancelases as relacións militares e económicas con Suráfrica.

En 1964, Nelson Mandela, líder do ANC, foi condenado á prisión perpetua.

En 1974 o goberno aprobou o Decreto de Midia Afrikaans que forzaba todas as escolas a usaren a lingua afrikaans cando ensinasen aos negros matemática, ciencias sociais, xeografía e historia na educación secundaria. Punt Janson, o viceministro de educación bantú dixo: "Eu non consultei o pobo africano na cuestión da lingua e non vou consultar. Un africano pode pensar que 'o xefón' só fala afrikaans ou inglés. Sería vantaxoso para el saber as dúas linguas."Esa política foi profundamente impopular. O 30 de abril de 1976, os nenos Primario Orlando West en Soweto entraron en folga, rexeitando ir a escola. A rebelión espallouse por outras escolas en Soweto. Os estudantes organizaron un protesta en masa o 16 de xuño de 1976, que acabou violenta - a policía respondeu con balas ás pedras tiradas polos nenos. O incidente disparou unha onde de violencia xeneralizada por toda Suráfrica, o que segou centenas de vidas.

Internacionalmente, Suráfrica ficou illada. Innúmeras conferencias aconteceron e aprobáronse as resolucións das Nacións Unidas condenando Suráfrica, incluíndo a Conferencia Mundial Contra o Racismo en 1978 e 1983. Un inmenso movemento de cercenamento de dereitos iniciouse, premendo os investidores a rexeitaren de investir en empresas de Suráfrica ou empresas que fixesen negocios con Suráfrica. Os equipos deportivos de Suráfrica prohibíuselle de participaren de eventos internacionais, e o turismo e a cultura sur-africanos foron boicoteados.

Eses movementos internacionais, combinados con problemas internos, persuadiron o goberno Sur-Africano que a súa política de liña dura era indefendíbel e en 1984 introducíronse algunhas reformas. Moitas das leis do apartheid foron abolidas, e promulgouse unha nova constitución que daba representación limitada a certos non-brancos, a pesar de non estendelas á maioría negra. A violencia continuou ata os anos 1980.

Os anos máis violentos dos anos 80 foron os de 1985 a 1988, cando o goberno P. W. Botha comezou unha campaña para eliminar os opositores. Por tres anos a policía e os soldados patrullaron as cidades sur-africanas en vehículos armados, destruíndo campos pertencentes a negros e detendo, abusando e matando centenas de negros. Ríxidas leis de censura tentaron esconder os sucesos, prohibindo medios de comunicación.

En 1989, F. W. de Klerk sucedeu a Botha como presidente. O 2 de febreiro de 1990, na apertura do parlamento, declarou que o apartheid fracasara e que as prohibicións aos partidos políticos, incluíndo a ANC, serían retiradas. Nelson Mandela foi soltado da prisión. De Klerk seguiu abolindo todas as leis que apoiaban o apartheid.

O 15 de abril de 2003, o presidente Thabo Mbeki anunciou que o goberno de Suráfrica pagaría 660 millóns de Rand (aproximadamente 85 millóns de dólares norte-americanos) para preto de 22 mil persoas que foran torturadas, detidas ou que perderan familiares a consecuencia do apartheid. A Comisión para a Verdade e a Reconciliación, formada para investigar os abusos da era do apartheid, recomendara ao goberno pagar 3000 millóns nos cinco anos seguintes.

Consecuencias do apartheid O apartheid foi posto en funcionamento por lei. As restricións non foron só sociais senón que eran obrigatorias pola lei. Os non-brancos estaban excluídos do goberno nacional e non podían votar excepto en eleccións a institucións segregadas que non tiñan poder.

Aos negros prohibíanselle diversos empregos e tamén empregar a brancos. Non podían manter negocios ou prácticas profesionais en calquera área designada soamente para brancos. Cada metrópole significativa e practicamente todas as áreas comerciais estaban dentro das zonas só para brancos. Os negros (excepto uns poucos que tiñan dereitos da "Sección 10") que constituían o 70% da poboación, foron excluídos de todo menos unha pequena proporción do país, a non ser que eles tivesen un pase que era imposíbel de conseguir para a maioría. A implantación desta política resultou na confiscación da propiedade e movemento forzado de millóns de negros. Un pase só se lle daba a quen tiña traballo aprobado; as esposas e nenos tiñan quedaban fóra. Ese pase emitíao un maxisterio distrital confinando os (negros) que o posuían a aquela área. Non ter un pase válido facía un negro suxeito á prisión inmediata, xuízo sumario e "deportación" da "patria". A policía que tiñan o símbolo sjambok vixiaban a "área branca" para descubrir os negros "ilegais".

A terra conferida aos negros era tipicamente moi pobre, imposibilitada de prover recursos á poboación forzada á ela. As áreas de negros raramente tiñan saneamento ou electricidade.

Os hospitais estaban segregados, os destinados a brancos igualaban a calquera do mundo occidental, mentres que os destinados a negros tiñan comparativamente unha seria falta de persoal e fondos. As ambulancias estaban segregadas, forzando a que a "raza" da persoa fose correctamente identificada cando eran chamadas. Unha ambulancia "branca" non levaría un negro ao hospital. As ambulancias para negros normalmente contiñan pouco ou ningún equipamento médico.

Nos anos 1970 a educación de cada neno negra custaba ao estado só un décimo do que a dun neno branco. A educación superior era practicamente imposíbel para a maioría dos negros: as poucas universidades de alta calidade estaban reservadas aos brancos. Alén diso, a educación provida aos negros deliberadamente non os preparaba para a universidade, e si para os traballos manuais dispoñíbeis para eles.