Le Chat Noir —O Gato Negro— foi un cabaré do século XIX do barrio bohemio de Montmartre, en París. Foi inaugurado o 18 de novembro de 1881 no bulevar Rouchechouart polo artista Rodolphe Salis"Salis le grand", in 88 notes pour piano solo, Jean-Pierre Thiollet, Neva Ed., 2015, p. 146. ISBN 978 2 3505 5192 0, e clausurado en 1897, para decepción de Picasso e doutros que o buscaron cando foron á Exposición Universal de París de 1900.

O cabaré foi moi coñecido pola actuación de cantautores como Aristide Bruant, por presentar espectáculos de teatro de sombras, creados principalmente por Rodolphe Salis e Henri Rivière, e porque entre os seus clientes habituais había moitos artistas famosos ou notables. centro|miniatura|Cartel de Steinlen, 1896. Algúns clientes famosos deste cabaré foron: Alphonse Allais (1854-1905), escritor e humorista. George Auriol (1863-1938), cantautor, poeta e pintor. Aristide Bruant (1851-1925), cantautor. Caran d'Ache (1858-1909), caricaturista francés de orixe rusa. Coquelin Cadet (1848-1909), actor de teatro. Émile Cohl (1857-1938), creador de debuxos animados. Charles Cros (1842-1888), poeta e inventor. Claude Debussy (1862-1918), compositor. Maurice Donnay (1859-1945), dramaturgo. André Gill (1840-1885), caricaturista e cantautor humorístico. Émile Goudeau (1849-1906), periodista, novelista e poeta. Yvette Guilbert (1867-1944), cantante. Jules Laforgue (1860-1887), poeta francés de orixe uruguaia. Louis Le Cardonnel (1862-1936), poeta. Jean Richepin (1849-1926), poeta social, novelista e autor teatral francés de orixe alxerina. Guy de Maupassant (1850-1893), novelista. Henri Rivière (1827-1883), escritor e periodista. Maurice Rollinat (1846-1903), poeta. Albert Samain (1858-1900), poeta. Erik Satie (1866-1925), compositor e pianista. Paul Signac (1863-1935), pintor. August Strindberg (1849-1912), escritor e dramaturgo sueco. Paul Verlaine (1844-1896), poeta. Adolphe Léon Willette (1857-1926), pintor, ilustrador e caricaturista.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Autour du Chat Noir, Maurice Donnay. Bernard Grasset. París, 1926.

Categoría:París Categoría:Cabarés