miniatura|250px|Costa de Playa de las Américas. Playa de las Américas é un centro turístico pertencente ao municipio de Arona, situado no sur de Tenerife (Canarias, España). Esténdese desde o oeste da montaña de Chayofita ata a praia de El Bobo.

Este núcleo turístico desenvolveuse na década de 1960 a partir doutra zona turística como é Los Cristianos e linda con Costa Adeje, pertencente ao municipio de Adeje. Nesta zona da illa de Tenerife practícanse deportes náuticos como surf ou submarinismo e nela viven numerosos delfíns e baleas.

Demografía

+ Variación demográfica de Playa de las Américas 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2.188 2.462 2.764 2.889 2.832 3.287 3.514 3.813 4.181 4.469

Turismo Las Américas conta cunha variada oferta alojativa con apartamentos e hoteis de todas as categorías. Destacan diversos hoteis de máxima categoría e gran luxo que se reparten nas súas proximidades.

A zona de Playa de las Américas inclúe varias praias, a maioría artificiais, confeccionadas con area importada de África.

É ademais un dos lugares onde se aglutina a maior oferta de lecer do sur de Tenerife con bares, pubs, terrazas, restaurantes e numerosas discotecas.

Transporte Está comunicada pola autoestrada TF-1. O aeropuerto máis próximo é o de Tenerife Sur, que está aproximadamente a 20-25 minutos en coche.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Los Cristianos-Playa de las Américas en arona.org

Categoría:Arona Categoría:Xeografía de Tenerife