Trinta e seis vistas do monte Fuji (en ) é unha serie ukiyo-e composta de 46 xilografías creadas polo artista xaponés Katsushika Hokusai (1760–1849), as cales foron realizadas entre 1831 e 1833. A serie retrata o monte Fuji visto desde diversas perspectivas e baixo distintas estacións do ano e condicións climáticas. Orixinalmente a serie estaba composta por 36 xilografías, mais debido ao seu éxito, incluíronse adicionalmente dez máis nunha segunda publicaciónHokusai: genius of the Japanese Ukiyo-e
Se ben Trinta e seis vistas do Monte Fuji é unha das series ukiyo-e máis famosas que tratan sobre o Monte Fuji, esta contén moitas similitudes con outras obras relacionadas tamén co Monte Fuji, como por exemplo Fuji Sanjū-Rokkei «Trinta e seis vistas do monte Fuji» de Utagawa Hiroshige ou a serie Fugaku Hyakkei «Once vistas do monte Fuji» do mesmo Hokusai. O Monte Fuji é un símbolo moi popular na arte xaponesa, debido ao seu peso cultural e relixioso. Esta crenza remóntase a Kaguya, onde unha deusa deposita o elixir da vida no curuto.
Gravados Os 36 Nº Imaxe Título en galego Título en xaponés1 150px A grande onda de Kanagawa 2 150px Vento do sur, ceo clarexado (tamén coñecido como Fuji vermello) 3 150px Treboada baixo o cumio 4 150px Baixo a ponte de Mannen en Fukagawa 5 150px Sundai, Edo 6 150px Piñeiros de Aoyama 7 150px Senju, provincia de Musashi Bushū Senju8 150px Paso de Inume, Kōshū 9 150px Vista do Fuji na provincia de Owari 10 150px Ejiri na provincia de Suruga 11 150px Esbozo da tenda Mitsui na rúa de Suruga en Edo 12 150px Solpor a través da ponte de Ryōgoku na ribeira do río Sumida en Onmayagashi 13 150px Sazai, templo dos cincocentos rakans 14 150px Casa de té en Koishikawa. Mañá despois dunha nevarada. 15 150px Baixo Meguro 16 150px Muíño en Onden 17 150px Enoshima na provincia de Sagami 18 150px Beira da baía de Tago, Ejiri en Tōkaidō 19 150px Yoshida en Tōkaidō 20 150px A ruta marítima da provincia de Kazusa 21 150px A ponte de Nihonbashi en Edo 22 150px Vila de Sekiya no río Sumida 23 150px Baía de Noboto 24 150px O lago de Hakone na provincia de Sagami 25 150px Reflexo do Mount Fuji no lago de Kawaguchi, visto desde o paso de Misaka na provincia de Kai 26 150px Hodogaya no camiño de Tōkaidō 27 150px Río Tama na provincia de Musashi 28 150px Templo de Asakusa Hongan-ji na capital oriental [Edo] 29 150px Illa de Tsukuda na provincia de Musashi 30 150px Praia de Shichiri na provincia de Sagami 31 150px Umegawa na provincia de Sagami 32 150px Kajikazawa na provincia de Kai 33 150px Paso de Mishima na provincia de Kai 34 150px Monte Fuji desde as montañas de Tōtōmi 35 150px Lago de Suwa na provincia de Shinano 36 150px Ushibori na provincia de Hitachi
Os 10 adicionais NºImaxe Título en galego Título en xaponés1 150px Coto de Goten-yama, Shinagawa no Tōkaidō 2 150px Honjo Tatekawa 3 150px Nakahara na provincia de Sagami 4 150px Soshu Nakahara 5 150px Ōno Shinden na provincia de Suruga 6 150px Trepando o Fuji 7 150px A plantación de té de Katakura na provincia de Suruga 8 150px O Fuji desde Kanaya no Tōkaidō 9 150px Amencer en Isawa na provincia de Kai 10 150px Costas do Fuji desde o río Minobu
Notas
Véxase tamén
Categoría:Arte do Xapón