Finlandia Central (en finés Keski-Suomi e en sueco Mellersta Finland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada no centro-sur do país, na área que ocupaban as provincia histórica de Tavastia, Savonia e Ostrobotnia, e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital e cidade máis poboada é Jyväskylä.

Savonia do Norte limita ao norte con Ostrobotnia do Norte, ao leste con Savonia do Norte e Savonia do Sur, ao sur con Päijänne Tavastia, ao oeste con Ostrobotnia e Ostrobotnia do Sur, e ao noroeste con Ostrobotnia Central.

É a 5ª rexión máis poboada do país e a 6ª máis extensa. O seu territorio ten 3.243 km² de auga doce.

Xeografía Situada no extremo oeste da Rexión dos Lagos (ao sur está cortada en dous pola inmensa masa de auga do lago Päijänne), a provincia está situada nunha posición intermedia entre as provincias veciñas:

Ten máis relevo e lagos que Ostrobotnia, mais menos que en Savonia ou Carelia. A altitude vai dos 78 aos 250 m. Máis bosques e terras de cultivo que no sur, mais menos que no Kainuu.

Marca polo tanto unha transición cando se vai de sur a norte ou de leste a oeste. A rexión ten sete rexións fronteirizas, o máximo en Finlandia ao igual que Päijänne Tavastia. Limita ao norte con Ostrobotnia Central e Ostrobotnia do Norte, ao leste con Savonia do Norte e Savonia do Sur, ao oeste con Ostrobotnia do Sur e Pirkanmaa, e ao sur con Päijänne Tavastia.

Historia Esta rexión superponse practicamente á zona norte da provincia histórica de Tavastia (se se engade unha fracción do oeste de Savonia). Non foi obxecto dunha redistribución en 1997, os límites da rexión xa existían en 1960.

Concellos Savonia do Sur abrangue 23 concellos, dos cales oito teñen consideración de cidade (en letra grosa):

23px Hankasalmi 23px Joutsa 23px Jyväskylä 23px Jämsä 23px Kannonkoski 23px Karstula 23px Keuruu 23px Kinnula 23px Kivijärvi 23px Konnevesi 23px Kyyjärvi 23px Laukaa 23px Luhanka 23px Multia 23px Muurame 23px Petäjävesi 23px Pihtipudas 23px Saarijärvi 23px Toivakka 23px Uurainen 23px Viitasaari 23px Äänekoski

Antigos concellos

23px Jyväskylän maalaiskunta (agora Jyväskylä) 23px Jämsänkoski (agora Jämsä) 23px Konginkangas (agora Äänekoski) 23px Korpilahti (agora Jyväskylä) 23px Koskenpää (agora Jämsä) 23px Kuhmoinen (agora na rexión de Pirkanmaa) 23px Leivonmäki (agora Joutsa) 23px Pihlajavesi (agora Keuruu) 23px Pylkönmäki (agora Saarijärvi) 23px Sumiainen (agora Äänekoski) 23px Suolahti (agora Äänekoski) 23px Säynätsalo (agora Jyväskylä) 23px Äänekosken maalaiskunta (agora Äänekoski)

Política As eleccións parlamentarias de 2011 en Finlandia Central deron os seguintes resultados:

Partido de Centro 21.8% Partido Socialdemócrata de Finlandia 21.2% Finlandeses Auténticos 18.1% Partido de Coalición Nacional 15.0% Alianza de Esquerda 9.0% Liga Verde 6.5% Demócrata-Cristiáns 6.4%

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web Oficial

Categoría:Rexións de Finlandia