Mario Honorato Servio foi un gramático e comentarista latino de fins do século IV. Traxectoria A obra principal de Servio é un comentario longo e detallado ás obras de Virxilio. Constitúe un estudo gramatical, retórico e estilístico moi interesante no que mostra un coñecemento profundo da literatura crítica virxiliana.

Outras obras de Servio son Explanatio in artem Donati, De finalibus, De centum metris e De metris Horatii.

Véxase tamén Outros artigos Elio Donato.

Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Personalidades da Roma antiga Categoría:Gramáticos