As Augas de Frádegas (até 2026, Augas de Frádegas) é un lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Forma un único núcleo xunto con Frádegas (Pidre, Palas de Rei).
Toponimia O topónimo Augas de Frádegas ten dous elementos. Augas débese á construción dun balneario xunto á desembocadura do rego de Frádegas no río Ulla. A voz Frádegas deriva do latín , referido a unha fragua, lugar onde se traballa o ferro.
Patrimonio Consérvanse os restos do balneario, construído a partir de 1890, e dun amplo muíño. O edificio, de dous andares cun patio interior, acollía na planta baixa a fonte e as salas de baños, e no primeiro andar as instalacións hostaleiras. O conxunto complétase cunha capela e outras construcións auxiliares en ruínas, todas de cachotaría. As augas, que abrollan entre unhas rochas na parte esquerda do río a 18 °C cun caudal de 40 l/min, están indicadas para o aparello dixestivo, o fígado, reuma e pel.
Lugares e parroquias Lugares de Santa Mariña do Castro de Amarante
Parroquias de Antas de Ulla
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla
Categoría:Lugares de Antas de Ulla Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares divididos entre dous concellos