Acontecementos

10 de febreiro - Tratado de París: o Canadá, os vales de Ohio e ao leste do Río Mississippi, a Florida e Tobago son cedidos ó Reino Unido. 15 de febreiro - O Tratado de Hubertusburg pon fin á Guerra dos Sete Anos entre Prusia e Austria. 23 de febreiro - Rebelión de escravos na colonia holandesa de Berbice. 28 de xuño - Terremoto en Komárom, Hungría. 31 de agosto - O Río de Xaneiro tornase capital do Brasil. Primeira publicación do Teorema de Bayes.

Arte e cultura Consagración da nova igrexa de Santiago en Pontedeume, mandada reformar polo bispo compostelán Bartolomé de Raxoi, e contruída polo mestre arquitecto Alberte Ricoy. Julián Sánchez Bort proxecta a igrexa neoclásica de San Xulián de Ferrol, hoxe catedral.

Nacementos

26 de xaneiro - Jean-Baptiste Jules Bernadotte, mariscal do Primeiro imperio e rei de Suecia co nome Carlos XIV Xoán (m. 1844) 21 de maio - Joseph Fouché, estadista francés (m. 1820) 13 de xuño - José Bonifácio de Andrada e Silva, político brasileiro, conselleiro do imperador Pedro I do Brasil (m. 1838) 23 de xuño - Xosefina de Beauharnais, emperatriz dos franceses, esposa de Napoleón (m. 1814)

Mortes 14 de novembro - Antonio Rioboo y Seijas, sacerdote, poeta e escritor ilustrado galego (n. 1685). 25 de novembro - Antoine François Prévost, dito o abade Prévost, escritor e historiador francés (n. 1697)

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1763