João Carlos Guisan Seixas, nado na Coruña o 3 de marzo de 1957, é un escritor galego.

Traxectoria Realizou estudos de arte dramática, escenografía e medios audiovisuais. Foi membro fundador da Escola Dramática Galega e da Associaçom Galega da Língua e actor en diversos grupos teatrais. Traballou tamén como escritor e locutor para RNE en Galicia e realizador na Televisión Española e na Televisión de Galicia.

Actualmente é profesor de portugués na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

Obra Teatro Um cenário chamado Frederico, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega. Teatro Para Se Comer, 1997, Laiovento. A tabúa ocre de núbia ou o significado da vida, 1998, Teatro do Noroeste, Viana do Castelo.

Narrativa Origem certa do farol de Alexandría e outros contos, 1980, Brais Pinto, Madrid.A primeira edición levaba por título Orixe certa do faro de Alexandría e outros contos. Na edición de 1983 publicada por tcd o autor adoptou outra ortografía e mudou o título.

Ensaio Isto é um livro. Projecto dicionário vivo, 2003, Laiovento.

Obras colectivas Número de patente. Querido Brais. A figueira, 1978, Ediciós do Castro.

Traducións Poseídos. Ensayos de Etnopsiquiatría Gallega, de Marcial Gondar e Emilio González, Laiovento.

Premios Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo no 1977, por Número de patente. Gañador do Premio Eixo Atlântico de Textos Dramáticos no 1998, por A tábua ocre de Núbia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1957