Acontecementos Creación da Real Compañía Guipuzcoana de Navegación de Caracas, para comerciar con Venezuela e coas Antillas, que racha o monopolio de comercio coa América hispana que ostentaba Cádiz desde 1711.

Nacementos febreiro - Andrés Aguiar Caamaño, relixioso galego (m. 1816). 21 de febreiro - Pedro III, tsar do imperio ruso (m. 1762). 26 de febreiro - Antoine Baumé, químico francés (m. 1804). 3 de setembro - Matthew Boulton, comerciante inglés (m. 1809). 27 de outubro - James Cook, capitán inglés, descubridor de Tahití (m. 1779). 12 de decembro - Pietro Verri, filósofo, economista, historiador e escritor milanés (m. 1797). Robert Adam, arquitecto escocés (m. 1792).

Mortes 10 de abril - Nicodemus Tessin o Novo, arquitecto sueco (n. 1654). 5 de maio - Juan Muñoz Salcedo, eclesiástico e catedrático español (n. 1650). 15 de agosto - Marin Marais, violista, gambista e compositor francés (n. 1656). 19 de novembro - Lev Kyshka, esclesiástico grecolatino ruteno (n. c. 1663).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1728