thumb|200px|O Duport Stradivarius tocado por Mstislav Rostropovich en 1978.

O Duport Stradivarius é un violonchelo construído en 1711 polo luthier italiano Antonio Stradivari de Cremona. É moi similar ao Davidov Stradivarius, coa forma buono ou forma b que o luthier empregou a partir de 1710. O instrumento recibe o seu nome por Jean-Louis Duport, quen o tocou arredor de 1800. En 1812, Duport permitiulle a Napoleon Bonaparte que o tocara; un burato, aínda visible no instrumento, dixe que foi feito polas esporas das botas do emperador. Auguste-Joseph Franchomme estableceu un récord de prezo pola súa compra ao pagar 22.000 francos en 1843 ao fillo de Duport. O fabricante de instrumentos Jean Baptiste Vuillaume empregou o Duport como principal modelo para os seus violonchelos. O Duport é un dos máis valiosos violonchelos Stradivari. Pertenceu e foi tocado por Mstislav Rostropovich entre 1974 e 2007.

O instrumento pertence na actualidade aos herdeiros de Rostropovich.

Características

Lonxitude75,5 cmAncho (parte superior)34 cmAncho (no centreo)22,8 cmAncho (parte inferior)43,6 cm

Propietarios e intérpretes Sylvette Milliot: Le violoncelle en France aus XVIIIe siècle, Tese defendida na Université Sorbonne Paris 4 en 1981, publicado por édition Slatkine en 1985

Propietarios

Propietario Dende ... Encóntrase en ... AtaJean-Louis Duport1819Louis Duport18191842Auguste-Joseph Franchomme (e fillo)18421892Baron Knoop1892John S. Phipps1906Horace Havemeyer1927Gerald M. Warburg1968Mstislav Rostropovitch e os seus herdeiros1974

Intérpretes

Intérprete Dende ... Encóntrase en ... AtaJean-Louis Duport1819 Auguste-Joseph Franchomme18421884 Mstislav Rostropovitch1974 2007

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O Duport Stradivarius en cozio.com

Categoría:Violonchelos Stradivarius