é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 1997.
En Galicia, a película estreouse nas salas galegas o 27 de xuño do 2003 e saíu á venda en DVD o 5 de novembro do mesmo ano.
Sinopse As bólas perdidas son uns obxectos cun gran poder que, reunidos, poden desatar o caos no mundo. Dúas bandas rivais - os Perendengues e os Mariolas - buscan facerse co control das bólas. Os primeiros queren invocar ao Maligno e os segundos pretenden evitar que o mal se estenda por tódolos sitios.
Unha casualidade fai que unha das bólas chegue ás mans de Shin Chan, o que provoca que a súa familia se teña que aliar cunha aprendiz de policía sen sentido da puntaría e coa banda dos Mariolas, formada por tres estrambóticos travestís. A banda dos Perendengues está formada por unhas ximnastas sen escrúoulos armadas con cintas letais de ximnasia rítmica que están comandadas por unha anciá e por un tipo moi misterioso. A fuxida levaráos a un peculiar bar de copas, a uns baños públicos e ao parque de atraccións abandonado dos Mariolas.
Alí, un grupo de samurais decrépitos defenderá o honor dos Mariolas e tentará evitar que o tipo misterioso reúna as dúas bólas, invoque ao maligno e controle o destino do planeta. Pero cando parece que o mundo está condenado, xorde alguén impredicible quen de estragar calquera proxecto... O mesmiño Shin Chan!
Dobraxe
Ano de gravación: 2003
Estudio: Sodinor, S.A. (Vigo) Directores e axustadores: Alfonso Valiño e Matías Brea Tradución: María Alonso Seisdedos Técnico de mesturas: Kevi Aragunde Elenco da dobraxe: Personaxe Actor orixinal(Xapón) Actor de dobraxe(Galicia) Shin Chan Nohara Akiko Yajima Ana Lemos Misae Nohara Miki Narahashi Charo Pena Hiroshi Nohara Keiji Fujiwara Matías Brea Rosa Daisuke Gori Antón Olmos Lima Shinya Ootaki Antón Ja Lavanda Kaneto Shiozawa César Cambeiro Raíña dos Perendengues Keiko Yamamoto Ana Maciñeiras Satake Fumihiko Tashiki Carlos Reboreda Hecson Jun Azumi Luís Iglesia Maho Saeko Shimazu Beatriz García Ione Yuriko Yamamoto Isabel Vallejo Himawari Satomi Korogi Helena Amoedo Nai de Rosa Ako Mayama Lucía Cid Debuxante Yoshito Usui Manuel Pombal Kazama Mari Mashiba Teresa Santamaría Nene Tamao Hayashi Montse Davila Boo-chan Chie Sato Alicia Taboada Señorita Yoshinaga Yumi Takada Nora Abad Señorita Matsuzaka Michie Tomizawa Beatriz García Director "Mafioso" Rokuro Naya Alfonso Valiño
Voces adicionais: ▪ Andrés Bellas ▪ Juan Diéguez ▪ Antonio Mourelos ▪ Paco Barreiro ▪ Antón Ja
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é エンディング (A canción de Himawari) interpretada por Kazuo Kaitsu. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Shin-chan
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Keiichi Hara Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes de 1997 con versión en galego