Sandra Sabatés, nada en Granollers (Barcelona) o 29 de xullo de 1979, é unha xornalista catalá.

Traxectoria Estudou comunicación audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e traballou presentando os informativos da televisión local de L'Hospitalet de Llobregat e logo presentou os informativos de TVE en Cataluña. Posteriormente entrou a traballar en laSexta onde primeiro presentou laSexta Deportes e presenta, dende o 9 de xaneiro de 2012, con El Gran Wyoming o programa de sátira política El Intermedio.

Vida persoal En agosto de 2019 casou co seu noivo dende había un tempo, Daniel, nunha cerimonia íntima en Vilanova del Vallés. Ten un fillo chamado Koldo, nado en 2010 produto da súa anterior relación co actor David Janer.

Obra Algunhas das mujeres das que fala o libro son: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Teresa Claramunt, María de Maeztu, Carmen de Burgos, Maruja Mallo, María Zambrano, María Teresa León, Rosa Chacel, Clara Campoamor, Victoria Kent, Margarita Nelken, María Luz Morales, Federica Montseny, La Pasionaria, Enriqueta Otero, María Telo, María Moliner, Carmen Conde, Margarita Salas e Lidia Falcón.

Recoñecementos

Premio Meninas (2018), outorgado pola Delegación de goberno, pola súa sección "Mujer tenía que ser". Premio Ondas 2018, á mellor presentadora de televisión.

Notas

Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Nados en Granollers Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra