1787 (MDCCLXXXVII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos O rei Carlos III de España regulariza as reunións dos secretarios (equivalentes dos actuais ministros) creando o Consello de Secretarios. A medida sería abolida polo conde de Aranda no reinado de Carlos IV (1788-1808).

Arte e cultura Mozart estrea Don Giovanni.

Ciencia e tecnoloxía O astrónomo William Herschel descobre dous satélites de Urano, que chama Titania e Oberón. miniatura|Real Cédula de S.M. en que se aprueban los estatutos de la Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. 1787. Nacementos 23 de febreiro - José Travassos Valdez, conde de Bonfim, primeiro ministro portugués (m. 1862). 6 de marzo - Joseph von Fraunhofer, astrónomo, óptico e físico alemán. 16 de marzo - Georg Ohm, físico e matemático alemán. 23 de xuño - José Dionisio Valladares Gómez, político galego. 18 de novembro - Louis Daguerre, francés, inventor do daguerrotipo (precursor da fotografía). (m. 1851). 22 de novembro - Rasmus Christian Rask, filólogo e lingüista danés (m. 1832).

Mortes 4 de febreiro - Pompeo Batoni - pintor italiano (n. 1708). 20 de xuño - Karl Friedrich Abel, compositor alemán (n. 1723). 15 de novembro - Christoph Willibald Gluck, compositor alemán (n. 1714).

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1787