Esta mañana foi un programa de televisión, emitida por La 1 de Televisión Española en horario matinal entre o 24 de marzo de 2008 e o 11 de xullo de 2009.
Formato Foi un espazo programado en horario matinal de luns a venres para substituír a Por la mañana, que presentaba Inés Ballester debido aos seus baixos índices de audiencia.
O programa, inicialmente foi presentado por Pepa Bueno, sendo o seu contido de servizo público, con información social e política, así como faladoiros e reportaxes de actualidade.
En xullo de 2008 produciuse unha substitución na presentación, tomando as rendas do programa a xornalista Inmaculada Galván, procedente de Telemadrid, acompañada de Alipio Gutiérrez e Javier Gallego.
Audiencias Os escasos índices de audiencia na súa última etapa (10'3% de cota de pantalla nalgúns programas e unha media do 12'5%) propiciaron a cancelación do espazo, que foi substituído por La mañana de La 1, con Mariló Montero.
Notas
Véxase tamén Outros artigos La mañana de La 1
Categoría:Programas de Televisión Española Categoría:Programas de televisión de variedades de España